Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP anuncia para Ribadeo once prazas para persoas dependentes

O PP amosa o seu compromiso coa terceira edad a través do Plan Galego de Persoas Maiores.

Dende a Consellería de Traballo e Benestar social vénse de por en marcha o Plan Galego das Persoas Maiores 2010 – 2013, Horizonte 2015, instrumento que nos vindeiros anos servirá na nosa comunidade para converter nun dos grans eixes neurálxicos da acción do goberno do PP as políticas e actuacións destinadas a promover a calidade de vida das nosas persoas maiores.

E nesta liña e que a Xunta de Galicia a acaba de confirmar a creación para toda Galicia de 1500 novas plazas públicas en centros de día e de 1.100 en residencias, e que para o CONCELLO DE RIBADEO TRADÚCESE NA APROBACIÓN DE 11 NOVAS PLAZAS PARA PERSOAS DEPENDENTES sostidas pola Xunta de Galicia e que veñen a engadirse as xa existentes ata de agora.

Lonxe das simples verbas e intencións valeiras de contido, foronte da demagoxia e o engano empregado dende algúns partidos políticos e sectores sociais e coas que únicamente se busca trasladar a cidadanía un un medo infundadado en materia de servicios sociais, o PP traballa e amosa con feitos como estos a sua verdadeira preocupación e o seu compromiso coas persoas maiores de 65 anos, compromiso que non so ten por obxetivo garantir o mantemento dos actuais servicios sociais senón que vai mais alá e que busca ampliar a prestación destes servicios básicos achegándoos a un número cada vez maior de cidadans necesitados destas axudas.

Exit mobile version