Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP asegura que reuneun a 200 persoas en Barreiros para falar do sector pesquiero

Nun Foro co sector pesqueiro, os populares lucenses anunciaron

Na vindeira lexislatura afrontaremos o reto da comercialización dos productos pesqueiros

Un concurrido e participativo Foro que contou con preto de 200 asistentes e no que se responderon as súas peticións e suxerencias

Os populares repasaron as principais xestións desenvolvidas no tocante a náutica deportiva e a pesca, dando conta das principais propostas de futuro

En relación á comercialización cos productos da pesca, afirmaron os populares que o proxecto do actual decreto está pendente do informe por parte do Consello Consultivo

Barreiros, a 6 do 10 do 2012.- O Presidente do PP de Lugo, José Manuel Barreiro, a candidata número 2 pola Coruña, Rosa Quintana, o Voceiro de Pesca no Congreso,Joaquín García Díez, a cabeza de lista dos populares lucenses, Raquel Arias e o Coordinador da campaña electoral e número 3 da lista, José Manuel Balseiro mantiveron esta maña unha xuntanza con representantes do sector pesqueiro.

Nun concurrido e participativo foro, ao que asistiron preto de 200 representantes relacionados co sector da pesca, os populares repasaron as principais xestións desenvolvidas no tocante a náutica deportiva e a pesca e lanzaron as principais propostas de futuro, anunciando as súas apostas pola comercialización dos productos pesqueiros, explicando que o proxecto actual do decreto está pendente do informe por parte do consello consultivo.

“Queremos seguir recuperando a ilusión do mar” manifestaron os populares, quenes matizaron que, malia que non chega a muralla somos o 25% do mar en Galicia”.

Lembrou o PP que o seu partido preocúpase por un sector estratéxico que os socialistas deixaron de lado e lembraron a presenza dos populares lucenses ao fronte da Portavocía de pesca no Congreso e Parlamento para solventar todas as súas problemáticas e velar por eles.

Criticaron os populares que no mar faltaron os 8 anos do Goberno de Zapatero; uns socialistas que anunciaron a bombo e platillo medidas a favor da pesca pero que quedaron simplemente en mera palabrería. Froito destas mentiras e enganos, este sector perdeu a confianza , algo que está a recuperar con Goberno do Partido Popular.

Afirmaron os populares que Administracións e sector teñen que traballar unidos e manifestaron que está a recuperar esa confianza perdida pola mala xestión dun partido socialista.

Un foro no que tamén se trataron temas como as cuotas, a política pesqueira común, o novo decreto de náutica deportiva, así como as tripulacións mínimas e a normativa de botiquines.

Exit mobile version