Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP convoca unha reunión de mulleres coincidindo coa visita da ministra de Fomento á Mariña

Posta en común das políticas dirixidas á muller

O PP convoca unha reunión de traballo con mulleres o domingo coincidindo coa visita de Ana Pastor á Mariña

O encontro terá lugar o domingo 14, ás 14:00 horas, no restaurante Asador de Barreiro e no que se prevé que participen un amplo número de mulleres que se informarán sobre as propostas nesta área do Partido Popular

No xantar de traballo estará presente a Ministra de Fomento, Ana Pastor, un referente de muller política “constante e comprometida coa Mariña e con Galicia”.

Lugo, 11 outubro 2012.- O Partido Popular de Lugo convoca para o vindeiro domingo 14 unha reunión de traballo con mulleres dos 16 concellos da comarca da Mariña coincidindo coa visita da Ministra de Fomento, Ana Pastor. Durante o encontro, os populares explicarán as políticas do programa electoral no que atinxe as medidas comprometidas co desenvolvemento de oportunidades da muller.

O encontro terá lugar ás 14:00 horas, no restaurante Asador de Barreiros, e nel prevese que participen un amplo número de mulleres que, de xeito directo e indirecto, participan do proxecto do programa popular e veñen a reunión para documentarse e poder ser distribuidoras das propostas populares.

Así mesmo, durante a xuntanza tamén se poñerán en común as necesidades e demandas deste colectivo, co obxecto de darlle traslado a administración tendo en conta que son os entes públicos os que deben poñer a disposición da cidadanía os recursos e servizos necesarios que garantan as demandas de necesidades das mulleres.

No acto contarán coa presenza da Ministra de Fomento, Ana Pastor, a que dende o PP definen como unha muller política, referente como exemplo de traballo de constancia e sobre todo de compromiso coa Mariña e con Galicia

Polo tanto, neste contexto os populares porán de manifesto que o seu compromiso coa sociedade pasa por favorecer a liberdade de elección de homes e mulleres no momento de xestionar as súas responsabilidades, polo que no seu programa electoral seguirá promovendo iniciativas que removan os obstáculos que impiden a plena compatibilización entre a vida laboral, persoal e familiar. Para elo, promove a sensibilización a favor da igualdade efectiva, de xénero en todas as áreas, observando e investigando para mellorar o coñecemento sobre a problemática da violencia de xénero.

Exit mobile version