Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de A Pontenova pregunta pola ausencia de iluminación na estrada xeral

O PP DE A PONTENOVA PREGUNTA AO GOBERNO LOCAL POLA AUSENCIA DE ILUMINACIÓN PÚBLICA NA ESTRADA XERAL

O Partido Popular de A Pontenova recibiu por parte de numerosos veciños queixas relativas a ausencia de iluminación na Estrada Xeral desde fai xa días. Concretamente toda unha marxe da Estrada Xeral do casco urbano de A Pontenova se atopa sen alumeado público.

O Partido Popular de A Pontenova súmase a estas queixas e insta ao Goberno de Darío Campos a poñer unha solución de forma urxente a esta cuestión que xa leva días ocurrindo ante a aparente inactividade ao respecto por parte do Goberno Local.

Así mesmo, e tamén relacionado con este tema o PP de A Pontenova quere poñer de manifesto que durante a pasada campaña electoral comezou un “frenético” cambio das farolas da mesma Estrada Xeral de A Pontenova por parte do Goberno Local, pero que desde o domingo 21, domingo das eleccións autonómicas non se volveu a poñer outra nova farola. Desde o PP queremos dicirlle ao goberno local que esa non é a forma de gobernar que os pontenoveses merecemos, que máis parece un “castigo” aos veciños por non haber acadado un bo resultado nas eleccións autonómicas que velar polos seus intereses e o seu benestar, como sería a súa obriga.

Exit mobile version