Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Burela pecha a precampaña cunha asamblea de afiliados

O PP de Burela pecha a precampaña cunha asamblea de afiliados.

Realizarán un total de nove actos con veciños para achegar a mensaxe de Núñez Feijoo.

Burela, a 3 de outubro de 2012.- O Partido Popular de Burela pecha a precampaña electoral das eleccións autonómicas do 21 de outubro cunha asamblea de afiliados e simpatizantes que terá lugar mañán, xoves, ás oito da tarde, na antiga biblioteca. Previamente, ás sete da tarde, o Comité Local dos populares bureleses refrendará o calendario da campaña electoral en canto a actos e traballo a realizar polos membros do partido hasta o derradeiro día de campaña.

En concreto, o PP de Burela organizará un total de nove actos con veciños e veciñas do concello, nos distintos barrios da localidade, como vén facendo de forma habitual. Os populares de Burela xa fixeron tres rondas de reunións despois das eleccións municipales de maior de 2011..

Deste xeito, pretenden trasladar de forma próxima e cercana a mensaxe de Alberto Núñez Feijoo e o seu proxecto de goberno para os vindeiros catros anos.

Na asamblea, tamén se concretarán os locais nos que se celebrarán estas reunións, así como as persoas que de forma máis directa van a realizar o traballo electoral.

Exit mobile version