Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Burela valora positivamente a campaña electoral

O PP de Burela moviliza cincuenta e cinco persoas para a xornada electoral do domingo.

O comité local do partido valora positivamente a campaña electoral.
Os populares farán o seu acto final o venres ás nove da noite na Bitácora.

Burela, a 17 de outubro de 2012.- No día de hoxe o Comité Local do PP de Burela mantivo unha reunión para facer unha valoración do que vai de campaña electoral, así como para ultimar detalles de cara ó peche de campaña e a propia xornada electoral.

Como é sabido, o PP burelés constituiu hai mes e medio o seu comité de campaña, que foi o encargado de coordinar os distintos actos que o partido celebrou e ainda celebrará.

Así, o partido valora positivamente o traballo feito durante esta campaña, xa que a día de hoxe celebráronse nada menos que oito reunións con veciños e veciñas polos distintos barrios bureleses cunha boa asistencia de persoas.

Ademais, destaca o grado de tranquilidade que se está a vivir na campaña electoral, absolutamente libre de incidentes hasta o momento.

Por outra banda, no que se refire ó peche de campaña, o PP burelés fará o acto de peche o venres ás nove da noite na Cafetería Bitácora. Este acto está sendo emblemático para os populares bureleses nas últimas campañas electorais.

Finalmente, de cara á xornada electoral, o PP movilizará un total de cincuenta e cinco persoas, entre interventores e apoderados, mantendo así a tónica das últimas convocatorias electorais.

Exit mobile version