Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Foz agradece ao seu candidato a Xunta a promesa de compromiso coa localidade

O candidato á presidencia da Xunta expuxo no mitin de Foz as propostas que pretende levar a cabo no municipio

O PP de Foz agradece a Feijóo o seu firme compromiso coa localidade

O concelleiro Pedro Fernández Manín refírese a Feijóo como “un presidente coñecedor das necesidades dos focenses e implicado coa localidade”

Alberto Núñez Feijóo asegurou que neste 2012 se fará o dragado da entrada da dársena do porto focense a que solo falta a licitación, ao tempo que recordou o seu compromiso coa reestruturación do porto deportivo e a construción dunha residencia da terceira idade

Foz, 13 outubro 2012.- O Partido Popular de Foz a través das palabras do seu concelleiro, Pedro Fernández Manín, agradece ao candidato á Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, o seu firme compromiso coa localidade, tal e como o puxo de manifesto o popular no mitin celebrado esta semana no municipio da Mariña.

Pedro Fernández Manín fai referencia a boa disposición amosada polo presidente que de forma “taxante”, anunciou as propostas que pretende levar a cabo no municipio respondendo “a unha demanda imperiosa dos veciños, tanto no que se refire a mellora de infraestruturas para as actividades vinculadas co mar como en compromisos dirixidos a garantir o benestar dos maiores”.

En concreto, durante esta anualidade Alberto Núñez Feijóo asegurou que estará rematado o dragado da entrada da dársena do porto focense a que solo falta a súa licitación, e así mesmo anunciou para a próxima lexislatura a reestruturación do porto deportivo e a construción dun residencia e centro de día da terceira idade.

Tralo mitín de Foz no que os populares focenses e Alberto Núñez Feijóo puxeron en común as demandas do municipio; o concelleiro local referiuse ao candidato a reelección de presidente da Xunta de Galicia como un home “coñecedor das necesidades dos lucenses e comprometido con Foz e coa Mariña”.

Así, Fernández Manín tamén referiu ao compromiso adquirido por Feijóo para a ampliación do Hospital da Costa “un servizo que redundará no beneficio dos focenses” e a mariña en xeral, e ao trato que o actual presidente da Xunta de Galicia profesou cos traballadores da Alcoa cos que acompañado dos alcaldes presentes mantivo unha reunión na que lles informou que xa estaba firmada a orde ministerial para a bonificación da tarifa eléctrica, o que significa que esta non será o problema para que Alcoa peche a súas fábricas en Galicia. Unha vez mais demóstrase que o Partido Popular de Galicia está ao lado dos traballadores.

Nesta mesma liña, o concelleiro popular agradece “a filosofía” e “esa cooperación” manifestada por Alberto Núñez Feijóo coa localidade, co obxecto de impulsar infraestruturas de importante necesidade para os veciños do municipio

Exit mobile version