Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Foz di que quixeron que o conselleiro de Medio Ambiente e a súa comitiva percibira a problemática que ocasiona a ubicación da Edar

O Alcalde de Foz, Javier Castiñeira, recibeu onte a visita do Conselleiro de Medio ambiente, Territorio e Infraestructuras, que quixo coñecer de preto a situación da Depuradora ubicada no Centro urbán, concretamente na zona portuaria da localidade mariñán.

Agustín Henández, estivo acompañado de José Manuel Balseiro e Pablo Fernández Asensio, máis os concejales do Grupo de Goberno Popular que xunto co Alcade, quixeron que a comitiva percibira de primeira man a problemática que ocasiona a ubicación da Edar nunha zoa tan delicada.

Castiñeira é consciente do compromiso do Conselleiro e a Xunta de Galicia con este problema, e a intención de Augas de Galicia de dar unha solución o antes posible ao mesmo, para elo os técnicos do organismo dependente da Conselleria elaboraron varios informes para facilitar a elección por parte da corporación focense da ubicación Definitiva.

O goberno actual de Foz, está totalmente en contra de ampliar a existente, xa que si antes había un problema de ubicación, a ampliación o único que fará é multiplicar o xa existente, perxudicar a Nave de obras e hipotecar unha das zonas de maior proyección económica do Concello.

Non entende por outro lado, que o Sr Cancio na súa época de Tenente Alcalde socialista e despois de andar pedindo firmas entre os vecinos da zona para quitar a depuradora, agora pretenda ampliala, xustificando únicamente o menor custe de inversión.

A próximidade da Ría, considerada Humedal e espacio LIC e Zona de Especial Protección para Aves, dentro da Red Natura , con bancos de marisqueo cercanos, e a emplazada dentro do núcleo urbán, cerca da Piscina municipal, fan que a opción de ampliar a existente sexa a peor puntuada das tres posibles, tanto medioambientalmente como por afección a persoas, ademáis da cercanía de colexios e do mercado Semanal.

O rexedor focense, non desexa para nada ter a depuradora no centro do pueblo, una vila que vive principalmente do turismo, e o que hoxe pode parecer barato pódelle saír moi caro ao noso concello, e para mostra un botón, aínda que respetarán a decisión da Corporación.

“Nos damos tres alternativas e a escoller pola corporación, o anterior goberno no que estaba Xaime Cancio so contemplaron Forxán sen dar opción á oposición” esa é a gran diferencia na forma de gobernar, para que logo digan que tomamos decisión sen consenso.

Grupo municipal do Partido Popular de Foz.

Exit mobile version