O PP de Mondoñedo advirte que a deixadez de funcións do goberno local pode chegar a poñer en perigo a seguridade dos veciños de Vilamor
Os veciños de Vilamor demandan o tapiado dun sumidoiro aberto dende fai anos, co conseguinte risco que pode carrexar para os transeúntes da zona
Os populares tamén se fan eco da necesidade de sinalización adecuada dun cruce de cinco camiños de titularidade municipal na mesma parroquia
Mondoñedo, 16 de outubro de 2012- O Partido Popular de Mondoñedo advirte unha vez máis que a deixadez de funcións do goberno local pode chegar a poñer en perigo a seguridade dos veciños da parroquia de Vilamor. Os populares esíxenlle ao rexedor municipal que cumpra coa súa responsabilidade e atenda ás demandas trasladadas polos mindonienses.
Os veciños da parroquia de Vilamor levan tempo solicitando o tapiado dun sumidoiro aberto dende fai anos, dada a perigosidade que entraña para os transeúntes da zona. A falta de resposta por parte do goberno local incluso obrigou aos propios veciños a ter que sinalizar o sumidoiro cuxa tapa leva rota anos para evitar posibles accidentes.
Así mesmo, a desatención coa parroquia de Vilamor tamén se pon de manifesto na falta de sinalización vial nun cruce de cinco camiños de titularidade municipal moi transitado. Segundo trasladaron aos populares, os veciños esixiron en numerosas ocasións a dotación de sinais nesta intersección dada a peculiaridade do cruce no que conflúen cinco estradas, incrementando a posibilidade de colisión debido a carencia de indicacións.
O PP local teme que o PSOE e o BNG non leven a cabo as actuacións pertinentes ata que non ocorra unha desgracia persoal. Os populares lamentan a falta de responsabilidade coa que o rexedor mindoniense está a tratar estes temas, despriorizando as necesidades do rural.
O Grupo Popular de Mondoñedo critica a reincidencia de Orlando González e o seu goberno no pasotismo ante as necesidades de conservación das infraestruturas do rural mindoniense de titularidade municipal.
Unha vez máis e moi ao pesar do Partido Popular, o rural volve a ser o gran esquecido do goberno bipartito, que pese a requirir actuacións de baixo presuposto que mellorarían notablemente a calidade de vida dos veciños, estes acometidos non se executan.