Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Mondoñedo esixira a posta en marcha dun plan de emerxencias tanto no casco urbano como no rural

O PP esixira de novo en pleno a posta en marcha dun plan de emerxencias tanto no casco urbano como no rural

Os populares denuncian que Mondoñedo siga sen plan de emerxencias e “non se pode esperar a ter un novo incendio para localizar as bocas de riego”

PP local sometera a acordo plenario a principios de ano a habilitación dos recursos e materiais humanos necesarios para a elaboración inmediata dun plan de emerxencia

O executivo local incumpriu este acordo plenario polo que o PP esíxelle que corrixa o seu proceder e una esforzos e traballo para conseguir que Mondoñedo teña un plan de emerxencias que facilite unha actuación rápida en caso dun sinistro

A portavoz popular cualifica de “inaceptable” o mal estado no que se atopa a conservación dos medios existentes e o descoñecemento da ubicación das bocas de riego

Mondoñedo, 26 de outubro de 2012- A portavoz local do Partido Popular en Mondoñedo, Elena Candia, lamenta que a localidade siga sen un plan de emerxencias preto dun ano despois de aprobación unánime en pleno dunha moción, presentada por iniciativa do Grupo Popular, e na que se solicitada a habilitación dos recursos e materiais humanos necesarios para a elaboración inmediata dun plan de emerxencia.

A portavoz local explica que urxe planificar un plan de emerxencias que reorganice as necesidades e enumere recursos existentes en caso de necesidade, polo que esixiralle de novo en pleno o cumprimento do acordo plenario, e máis tendo en conta que o Concello ten contratado o servicio de Grumir.

A popular lamenta a desafección do rexedor local polas demandas locais ao tempo que critica que en preto dun ano non che chegase a materializar o plan de emerxencias de imperiosa necesidade tanto para o rural como para o casco urbano, debido sobre todo as características intrínsecas das edificacións mindonienses: casas antigas, de madeira, conlindantes, facilitando a propagación dos incendios. Mentres que no rural, a poboación moi dispersa e con inexistencia en algúns casos de ubicación de toma de agua, dificulta a extinción dos incendios.

A portavoz popular cualifica de “inaceptable” o mal estado no que se atopan os medios que existen para sufragar incendios (mangueiras, bocas de riego sen gomas..). Candia recorda que durante o incendio acontecido a principios de ano no barrio da Fonte Vella púidose constatar non só a falta de medios do Concello de Mondoñedo, senón o mal mantemento destes e inclusive o descoñecemento da ubicación das bocas de riego.

A popular explica que o plan de emerxencias permitirá actuacións rápidas e efectivas en futuros casos de incendios, pero ao parecer, segundo analiza a popular, ao BNG e ao PSOE no concello pouco lles parece importar a necesidade dunha rápida resposta nestas tarefas, dado que dende principios de ano non procurou a posta en marcha do plan de emerxencias.

Ante esta situación e o incumprimento do acordo plenario, os populares esíxenlle ao goberno local que corrixa o seu proceder e una esforzos e traballo para conseguir que Mondoñedo teña un plan de emerxencias que facilite unha actuación rápida en caso dun sinistro

Exit mobile version