Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Viveiro formula tres preguntas ao alcalde sobre a parroquia de Galdo

Celestino García Paz, en representación do Grupo Municipal Popular de Viveiro, realiza ó Alcalde da Corporación, as seguintes PREGUNTAS sobre as que desexa obter a correspondiente resposta, ben oral ou ben escrita.

Segundo os veciños dos barrios de Pontigo, Parraguesa e Hermosende da parroquia de Galdo, unha vez rematado o saneamento fai xa un ano, este non se encontra operativo, motivo polo que preguntamos:

1. Cales con os motivos polos que, despois de ter rematada esta obra dende xa fai un ano, non se encontra operativo?

2. Para cando está previsto a súa posta en servicio?

3.Sen saír da parroquia de Galdo, concretamente no seu barrio máis importante na Feira, tamén nos consta que se encontra sen saneamiento, o que aboca os veciños ou a ter un pozo negro ou a verquer directamente ó río, polo que preguntamos cando se pensa acometer o saneamento do citado barrio?.

Exit mobile version