Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP e o alcalde seguen enganando ao pobo de Foz co mega porto e a residencia, segundo UNIFOZ

O PP e o sr Castiñeira, seguen enganando ao pobo de Foz, primeiro fixérono co MEGA PORTO, que nas pasadas eleccións dixeron que sería unha realidade, e agora nin se preocupan de traer o informe de viabilidade a mesa da Corporación, e o sr Alcalde, di que si o queremos ver que o pidamos nos a Santiago.

No tema da Residencia, fixeron o teatro no Parlamento para facer un estudio de viabilidade, que resultou ser un estudio de calificación e posibilidades urbanísticas da parcela que se podía facer en Foz, sen necesidade de encargalo a ningunha empresa.

No Pleno do mes de xullo, segundo consta na acta, o sr Alcalde dixo que a unha empresa da Mariña se lle encargara facer o proxecto da residencia, e no Pleno de mes de setembro, dixo agora que o que se está a facer é un anteproxecto e nada máis.

Seguro que antes de rematar a campaña o PP, empregará este documento para tentar de enganar aos veciños, unha vez máis con papel mollado.

UNIFOZ, pídelle ao Sr Alcalde e ao PP, que non nos enganen máis e que se comprometan con partida de proxecto e obra para a construción de residencia de maiores e centro de día para FOZ.

Exit mobile version