Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP pide o voto para un líder preocupado polas demandas dos cidadáns independentemente da súa cor política

Nun mitin en A Pontenova

O PP pide o voto para un líder preocupado polas demandas dos cidadáns independentemente da súa cor política

Participaron o cabeza de lista por Ourense, Jesús Vázquez, Raquel Arias, José Manuel Balseiro e demáis membros da candidatura

A Pontenova, 10-10-12.- Logo dun paseo electoral por Ribadeo, o cabeza de lista por Ourense, Jesús Vázquez, a cabeza de lista lucense, Raquel Arias, o candidato José Manuel Balseiro e demáis membros da candidatura por Lugo, dirixíronse a Pontenova, para levar a cabo un mitin.

Na casa da cultura deste Concello Mariñán, Jesús Vázquez, Raquel Arias e José Manuel Balseiro pediron o voto para Alberto Núñez Feijóo, a quen definiron como o líder rigoroso, responsable e preocupado polas demandas dos cidadáns independentemente da súa cor política.

“Estamos en A Pontenova, un Concello onde non goberna o noso partido, pero non por iso Alberto Núñez Feijóo o discriminou”-afirmaron

Citaron os populares as actuacións levadas a cabo polo Goberno da Xunta e Galicia, tales como a ampliación do parque empresarial, o fondo de compensación ambiental, a mellora na rede de saneamento, ou a axuda en I+D+I.

Concluíron os populares pedindo o voto para Alberto Núñez Feijóo, o candidato para a estabilidade, rigor e solvencia fronte a dous partidos instalados nunha deriva rupturista que atenta contra os intereses de Galicia e España.

Exit mobile version