Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP pídelle ao alcalde de Ribadeo que evite visións cotroplacistas nas obras da Xunta

Os populares pídenlle ao rexedor local que evite a visión cortoplacista nas obras da Xunta

A Xunta investiu máis de 18,5 millóns de euros no EDAR de Ribadeo e seguen traballando para que o municipio conte cunha instalación moderna e dimensionada

O presidente local de Ribadeo, Jesús Penabad, pídelle ao rexedor nacionalista unha visión máis obxectiva a hora de ter en conta as execucións da Xunta de Galicia, que a pesar da situación económica está a realizar un amplo investimento na creacións de Edars

Jesús Penadad critica a actitude de descontento do alcalde nacionalista, incapaz de recoñecer a xestión da Xunta “que segue apostando e traballando no EDAR ribadense, dada a necesidade de garantir e evitar calquera contaminación medioambiental

Lugo, 11 outubro 2012.- O presidente local de Ribadeo, Jesús Penabad, mantense crítico coa actitude do rexedor nacionalista de Ribadeo, que en vez de recoñecer o traballo realizado pola Xunta no concello adícase a malinterpretar a realidade a través de visións cortoplacistas que crean imaxes irreais na cidadanía.

Jesús Penanbad leva a cabo estas declaracións en relación as novas verquidas en prensa sobre a depuradora do concello e a instalación dun emisario que permita verter mar adentro os residuos e non na zona de costa.

Os popular ribadense recorda que dende a Xunta de Galicia están a traballar no proxecto, e resalta que a administración autonómica segue apostando sen ningunha dúbida, por garantir saneamentos e abastecementos de auga efectivos e necesarios.

Penabad recorda que o goberno de Núñez Feijóo investiu 18,5 millóns na inauguración da EDAR de Ribadeo e segue traballando para que o municipio conta cunha instalación moderna e dimensionada.

O presidente local de Ribadeo, Jesús Penabad, pídelle ao rexedor nacionalista unha visión máis obxectiva a hora de ter en conta as execucións da Xunta de Galicia, que a pesar da situación económica está a realizar un amplo investimento na creacións de Edars.

Jesús Penadad critica a actitude de descontento do alcalde nacionalista, incapaz de recoñecer a xestión da Xunta “que segue apostando e traballando no EDAR ribadense, dada a necesidade de garantir e evitar calquera contaminación medioambiental

Exit mobile version