Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP recorda en Vilaronte as propostas para esta localidade

O candidato José Manuel Balseiro participou nun mitin en Vilaronte

Balseiro: “Pido o voto para o Presidente que non deu as costas a Mariña e investíu 300 millóns de euros; cuantía nunca vista na historia”

O político mariñán refiriuse a Feijóo como un político comprometido con Foz e coñecedor das necesidades do municipio

O candidato recordou as propostas de Feijóo para a localidade, quen asegurou, entre outras medidas, que neste 2012 fará o dragado da entrada da dársena do porto focense, á que só falta a licitación

Lugo, 17 de outubro de 2012.- “Pido o voso voto para o presidente que puxo a Galicia por enriba de todos, con medidas que a converteron na comunidade máis preparada para saír da crise”, asegurou o candidato lucense ás eleccións autonómicas do próximo 21 de outubro, José Manuel Balseiro, durante o mitin celebrado hoxe na parroquia de Vilaronte en Foz.

José Manuel Balseiro recordou durante a súa intervención as palabras do presidente do Partido Popular de Galicia e candidato á Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, quen asegurou que “estamos ocupados en solucionar os problemas que nos deixaron”. “Esa é a realidade”, reiteirou Balseiro, ao tempo que afirmou que “eles supoñen a volta ao pasado, a volta ao bipartito que xa vivimos”. O candidato mariñán dixo que “eles propoñen restar e dividir e nosoutros sumar e solucionar as herdanzas recibidas”.

O popular refiriuse a Feijóo como un candidato comprometido e ao PP como un partido implicado coa cidadanía. Así o puxo de manifesto José Manuel Balseiro tras facer referencia á nova de que os comités de empresa de Alcoa recoñeceran onte que a dirección da compañía garantía a continuidade da actividade nas factorías galegas para o próximo ano. É dicir, segundo explica Balseiro, “a tarifa eléctrica anunciada por Feijóo a semana pasada é unha realidade que blinda o emprego en San Cibrao e A Coruña”

José Manuel Balseiro tamén calificou a Feijóo como “un presidente coñecedor das necesidades dos focenses e implicado coa localidade”. O popular agradece ao candidato á Xunta de Galicia, o seu firme compromiso coa localidade, tal e como puxo de manifesto Feijóo nun mitin celebrado no municipio da Mariña.

O coordinador da campaña do PP de Lugo recorda que o presidente o PPdG asegurou que neste 2012 se fará o dragado de entrada da dársena do porto focense a que só falta a licitación, ao tempo que recordou o compromiso do popular coa reestruturación do porto deportivo e a construción dunha residencia da terceira idade.

Exit mobile version