Site icon Crónica3.com A Mariña

O presidente do Náutico de Ribadeo anuncia que se presentará á reelección

MARIO COTO ASEGURA QUE SE PRESENTA Á REELECCIÓN PARA REMATAR OS PROXECTOS INICIADOS NO MANDATO 2009/12.

Ribadeo, 9 de outubro de 2012. O presidente do Real Club Náutico de Ribadeo, Mario Coto, asegura que se presenta á reelección porque ten gañas de rematar os proxectos iniciados no mandato 2009/2012 e insiste en que o RCNR é imparable.

Coto explicou que “neste ano tocan as eleccións para elexir á nova directiva do Real Club Náutico de Ribadeo e estamos en prazo máis que sobrado porque esto podíase facer ata finais de ano, incluso as anteriores eleccións retrasáranse ata finais de xaneiro. Pero a xunta directiva actual non quere esperar ata esas datas, queremos facelo con anticipación, con claridade e transparencia, sin ningunha duda”.

O presidente do Real Club Náutico de Ribadeo contou que “por iso decidimos convocar asamblea extraordinaria de socios para o día 19 deste mes cos puntos do orden do día que son: lectura e aprobación da acta da asamblea anterior e convocar xa as eleccións para elexir aí a comisión electoral e ao resto dos membros para darlle forma segundo os estatutos de cara ás candidaturas que se queiran presentar. Calquera socio pode formular unha directiva e debe adaptarse ao que a comisión electoral diga, porque a xunta directiva a partir do momento que estea nomeada a comisión electoral estaremos en funcións para seguir rexindo o Real Club Náutico ata a celebración das eleccións”.

Mario Coto xa anunciou hai uns días a súa intención de presentarse á reelección, “eu decidín presentarme a reelección para a presidencia do Real Club Náutico de Ribadeo porque estou a gusto, teño gañas de continuar con proxectos que hai preparados para seguir adiante. Este clube agora mesmo é imparable e hai que forzar a máquina para seguir consolidando o resto dos proxectos que están en marcha, que son moitos, e cun futuro grandísimo e amplísimo para o clube e que redundan en todo o pobo de Ribadeo”.

Informe de xestión

O Real Club Náutico de Ribadeo acaba de editar un boletín informativo no que fai a directiva fai balance da xestión do seu mandato 2009/12, “nese boletín contamos bastantes cousas das que fixemos esta directiva ao longo destes casi 4 anos de traballo. Teríamos que ser máis extensos nese boletín porque hai máis cousas, pero son pinceladas do que fixemos. Queríamos transmitirlle aos socios, porque moitas veces non é palpable o que se fai, nesta publicación un extracto daquelas cousas que se fixeron para que as valoren. Creo que en moitos casos a impresión será positiva aínda que tamén pode haber alguén que non lle dea o valor que ten este traballo, que con todo agrado e esforzo a xunta directiva fixo para elaborar esa revista onde dicimos as cousiñas que fixemos”.

Mario Coto lembrou que “a anterior directiva tamén mandara un tríptico, un pequeno folleto, explicando as cousas. Eu creo que é bon que as directivas fagan chegar aos socios as cousas que se fan e ese foi o motivo de mandar esa revista a todos e cada un dos socios”. En total editáronse 1.000 exemplares do informe de xestión 2009/12.

Exit mobile version