Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE asegura que “cada dez minutos hai un parado máis en Galicia, e a Mariña espera mentres só recibe promesas”

José Ramón Val: “Cada dez minutos hai un parado máis en Galicia, e a Mariña espera mentres só recibe promesas”

-“Fronte a cada mentira de Rajoy e Feijóo, nós ofrecemos propostas para o cambio de progreso que necesita Galicia”, afirmou o candidato pola Mariña

O candidato da Mariña e número tres da candidatura na provincia de Lugo, José Ramón Val, participou hoxe en catro mitines, tres deles en Foz (no local social de Santa Cecilia, no teleclub de San Martiño e na antiga escola de Cordido) e un na casa da cultura do Valadouro, nos que fixo un repaso das actuacións da Xunta na comarca. Val lamentou “o abandono absoluto da Mariña, unha zona da que Rajoy e Feijóo só se lembran cando hai debates televisados ou posibilidade de foto en campaña”, e destacou a “auténtica sangría de emprego” na comarca.

“Cada dez minutos hai un parado máis en Galicia, e a Mariña espera mentres só recibe promesas”, afirmou o socialista, que lembrou que os traballadores de Alcoa “seguen pendentes dunha confirmación e un acordo real”, mentres “os ERES non cesan” na zona. “A mentira e o engano non crean emprego. Fronte a cada mentira de Rajoy e Feijóo, ofrecemos propostas para o cambio de progreso que necesita Galicia”, destacou Val, que lembrou ademais que, segundo as enquisas, “o PP está en retroceso e catro de cada dez persoas que eran os seus votantes agora están indecisas”, polo que “hai que ir votar para acadar un goberno que investirá cada euro con prioridade absoluta para o emprego e os sectores produtivos”.

Exit mobile version