Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE de Burela asegura que quere criticar unha vez máis ao alcalde “con rigor e seriedade”

Dende a Comisión Executiva do PSdG- PSOE de Burela queremos criticar unha vez máis ó Sr. Barcia con rigor e seriedade e facendo oposición responsable, sen mentir e sen palabras valeiras de contido como nos ten acostumados el.

O pasado agosto o alcalde de Burela vertía na prensa unhas declaración sobre o deporte, dicindo que neste exercicio 2012 o Concello gastaba un total de 128.126 € na área de Deportes. Dende o PSdG-PSOE de Burela parécenos que se apresurou un pouco a sumar, cando fixo estas declaración, pensamos que debería de ser un pouquiño máis sensato e asegurarse que o que se lle di ós veciños de Burela é real. Así no primeiro pleno ordinario seguinte a esas declaración o Grupo Municipal Socialista fixo unha pregunta para que se nos explicara de onde saía dita cantidade, vendo as penurias que están a pasar ós clubs deportivos da nosa localidade debido á falta de axuda por parte do Concello de Burela, pregunta que parece ser que non gustou ó sr. Barcia. Contestou que non tíñamos idea de presupostos e quedou tan ancho.

1º- Non nos parece adecuada a contestación dun alcalde que se prece de dialogante, conciliador e educado, máis ben parécenos que cando non lle gusta o tema intenta evadirse desviando a conversa, intimidando, burlándose e utilizando a descalificación persoal nun penoso intento de desvirtuar a realidade, co único fin de disimular a súa incompetencia e falta de xestión no concello. Así que dende o PSdG-PSOE permitímonos darlle un pequeno consello, en vez de tanto periplo polas Consellería, Ministerios … só para conseguir un sobresoldo, entendemos que cando menos si convoca un Pleno teña a dignidade de traelo preparado e cando non saiba unha pregunta mostre un pouco de humildade e contéstea por escrito noutro momento. Pero contéstea, a nós e ós veciños de Burela, ós que non esqueza representamos.

2º Segundo despois de solicitar a información precisa dos presupostos aprobados en pleno para o ano 2012 a partida de deportes constitúese da seguinte maneira:

341 Promoción e fomento do deporte 34.250 € distribuídos en gastos de persoal 22.659 €, material oficina 200 €, gastos diversos 2.000 €, traballos outras empresas 8.500 € e dietas da concelleira 900 €.

342 Instalacións deportivas 21.500 € distribuídos en reparación e conservación 8.500 €, suministro de enerxía 13.000 € e suministro de material 1.500 €.

Se sumamos as dúas partidas danos 55.750 €, moi lonxe dos 128.126 € cantidade que vostede pretende facer crer ó pobo de Burela que inviste no deporte burelao.

3º Para o finanzamento do Concello o alcalde solicita un préstamo coa obrigación de facer un plan de axuste do gasto público regulado no artigo 7 do Real Decreto –Lei 4/2012 do 21 de febreiro. Así remite ao Ministerio de Facenda e Administracións Públicas unha relación certificada de todas as obrigacións que pretende facer. Dentro de elas temos ás que afectan ó deporte:

SERVICIO PÚBLICO 9: “DEPORTES “… Los costes totales se desglosan en gastos de personal, gastos de mantenimiento de instalaciones, suministro de energía y de otros materiales, convenio con club deportivos para subvencionar escuelas deportivas municipales. El gasto total durante el año 2011 fue de 131.679€. En el presupuesto del año 2012 se suprimió la plaza temporal de monitor deportivo, así como tampoco se consigno importe de subvenciones a los clubs deportivos. La estimación del gasto es de 64.219€….”

Sr. Barcia dende o PSdG-PSOE gustaríanos saber en que momento di vostede unha verdade. Cando di na prensa que inverte no deporte 128.126 €, cando nos presupostos queda unha partida de 55.705€ ou cando no informe que presenta ao Ministerio de Facenda di que o gasto en deportes é de 64.219 €. Mentiras, mentiras e máis mentiras. Aconsellámoslle que debera ler ós presupostos que vostede mesmo fai.

Para rematar pedímoslle que nos diga cal é a cantidade que realmente leva gastada en deporte no ano 2012 e que nos explique en que partidas se inverteu.

Tamén nos gustaría que lle explicara ao pobo de Burela porque os nenos que practican deporte nas instalacións dos pavillóns do Monte Castelo e dos Castros levan dende o mes de maio duchándose en auga fría.

Cando pensa empezar a axudar ós clubs que levan o nome de Burela aló onde compiten, e cando vai a axudar a esas familias que non poden levar ós seus nenos a facer deporte porque non poden pagar as cuotas que os clubs se ven obrigados a cobrar porque vostede non cree no deporte de base como elemento de socialización dos nenos nin como un mecanismo que axuda a ter unha sociedade san e con valores.

Vostede é responsable de producir unha ruptura social entre veciños ricos e veciños pobres, os que poden pagar poden practicar deporte é os que non poden pagar os marxina.

Exit mobile version