Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE de Burela di que o alcalde “anuncia obras que el mesmo sabe que non se van poder facer”

Dende a Comisión Executiva do PSdG-PSOE de Burela, e despois de facer un análise do último Pleno Municipal, queremos reiterar unha vez máis que os veciños e veciñas de Burela teñen un alcalde que non se merecen, un alcalde que lles minte e que lles esconde a realidade, un alcalde que anuncia obras que él mesmo sabe que non se van a poder facer, e dicimos isto polo que pasamos a explicar.

O Sr. Barcia ten que explicarlle ós veciños como se permite enganchar á luz que pagamos todos os veciños a un Circo que nos visitou fai unhas fechas ó que non se lle cobrou por ese servizo que usou de maneira gratuíta con consentimento do concelleiro de turno, ten que explicar como mentres se lles corta a luz ós veciños do seu alumeado público se consinte que pasen estas cousas, xa se lle preguntou dúas veces en Pleno e sigue sen contestar ás preguntas do Grupo Municipal Socialista.

Ten que explicar ós veciños o uso que se está a facer do GRUMIR por parte dos concelleiros, ¿Cómo pode ser que se use este servizo a modo de coche oficial? Esto pasou fai unhas fechas a requirimento da concelleira de turno. Outra pregunta que non contestou no Pleno.

Ten que explicar como leva gastados máis de 6000 euros dos veciños e veciñas de Burela en dietas, e non explica ningunha das cousas que conseguiu nestas viaxes. Ten que explicar que lle dixeron no Ministerio de Fomento do corredor Barreiros – San Cibrao do que parece tan preocupado, porque a este ritmo cando acabe o ano vai a ter máis gastos en dietas que o orzamento do corredor para o 2013 (10.000 euros), supoñemos que a paralización desta obra terá que explicala xa que tanto interés tiña en viaxar a Madrid para saber dela. Que nos explique que foi o que lle dixeron en referencia a este asunto.

Ten que explicar ós veciños de Burela cando van a empezar as obras da nova gardería que tanto ten anunciado, xa que dende a Comisión Executiva do PSdG-PSOE pensamos que a gardería non ten moita traza de facerse. Que lle explique ós veciños se vai a ter algún custe para os veciños de Burela, e porque cando é unha competencia da Consellería de Educación o Concello de Burela tería que poñer nada nese proxecto.

Exit mobile version