José Ramón Val: “Feijóo só se lembra do Hospital da Costa nos debates, tras catro anos sen facer nada”
-O número tres da candidatura do PSdeG-PSOE por Lugo acudiu xunto co secretario xeral provincial, José Ramón Besteiro, e o candidato Ismael Rego a unha reunión cos sindicatos médicos, que lles transmitiron “unha situación moi preocupante, con pacientes que teñen que ser derivados a clínicas privadas”
O candidato mariñán lembra que “hai un plan director aprobado e hai terreos, o que non hai é vontade política”. Outras das preocupacións que lles transmitiron os afectados na reunión son os horarios excesivos e acumulación de xornadas, co que a Xunta evita novas contratacións, a non cobertura de baixas laborais e “en definitiva, a continua diminución da calidade na sanidade pública”. Val, Besteiro e Rego visitaron ademais as casetas modulares prefabricadas instaladas no complexo na que atenden os pacientes de xeito provisional. “Isto é todo o que fixo o goberno do PP neste tempo, poñer unhas casetas que fan que a xente teña que ser atendida nunha situación precaria”, denuncia.