Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE lamenta o “novo teatro” e a “irresponsabilidade” do goberno galego con Alcoa

Concepción Burgo lamenta o “novo teatro” e a “irresponsabilidade” do Goberno de Feijóo con Alcoa

-“Feijóo negouse a comparecer para explicar un tema vital para Galicia, e co que lle gustan as cámaras iso é o mismo que dicir que non fixo nada”, afirma a candidata socialista por Lugo. O senador Ricardo Varela calificou a visita do ministro Soria a San Cibrao de “engano e tomadura de pelo”

– Burgo e Varela analizaron “os presupostos do castigo e o abandono absoluto de Lugo” e as cifras “desoladoras” para piares fundamentais da provincia, que a deixan “sen futuro”

A candidata do PSdeG-PSOE por Lugo, Concepción Burgo, e o senador Ricardo Varela analizaron hoxe en Lugo os presupostos do Goberno para 2013, “os do castigo e abandono á provincia de Lugo”, e lamentaron o “novo teatro” do gobernó de Feijóo, desta vez co problema de Alcoa, despois de que esta mañá o ministro Soria chegase a Lugo sen solucións concretas e o PP votase en contra da comparecencia de Feijóo na deputación permanente para tratar este asunto. “Feijóo negouse a comparecer para tratar un tema vital para Lugo e para Galicia, e co que lle gustan a el as cámaras, que se negase é tanto como dicir que non fixo nin negociou absolutamente nada”, afirmou. A socialista censurou ademais que o PP atribúa a visita do ministro “ás presións” de Feijóo. “Aquí os que levan moito tempo presionando son os traballadores que loitan polos seus postos, todos os sectores e institucións da provincia e a oposición”, aseverou. Burgo califica de “irresponsabilidade con Lugo e con Galicia” que o PP non sexa quen de chegar a “un acordo a longo prazo que asegure a continuidade e o investimento” de Alcoa. “Non queda moito tempo, que digan dunha vez se teñen vontade política para facelo e que teñen pensado facer”, esixiu, e recordou que o goberno socialista si foi capaz de facelo.

Na mesma liña, Ricardo Varela lamentou o “electoralismo, engano e tomadura de pelo” da visita do ministro a San Cibrao. “Esperabamos que viñese con respostas e parece que veu con preguntas e sen solución”, tal e como lle transmitiron desde o propio comité da empresa. “Veu a Galicia a tratar de tapar un furado máis da xestión de Feijóo e a exercer do seu embaixador para tomarlle o pelo aos lucenses”, dixo, e comparou a situación “ao que está a suceder con Pemex”.

Concepción Burgo e Ricardo Varela analizaron os orzamentos do Goberno con respecto á provincia de Lugo onde, destacaron, o investimento caeu un 20%, oito puntos máis que no resto de España. “Estamos realmente preocupados”, afirmou Burgo, que destacou o “absoluto abandono de Lugo e as cifras desoladoras para piares fundamentais da provincia” cuns plans que só levan “a máis recesión, máis paro e máis indefensión para os que máis o necesitan”. A socialista lamentou que “Rajoy e Feijóo siguen cos recortes sen crecemento nin impulso económico”. O senador Ricardo Varela definiunos como uns “presupostos de castigo a Lugo e á provincia, ineficaces e inxustos”. Ambos analizaron puntos que afectan especialmente a Lugo como os recortes no rural e pesca, as pensións, infraestruturas clave para o desenrolo económico da provincia “que quedan paralizadas” e “os inasumibles e incomprensibles recortes en servizos sociais, educación ou sanidade”

OS ORZAMENTOS DO ESTADO EN LUGO

PARO: Despois dos datos coñecidos hoxe, vemos que Lugo segue a ser a provincia onde máis crece o desemprego de toda Galicia, un 2,01% só no último mes, e moi por riba da media de España (1,72%). No último ano, un 13,08% máis de lucenses, en total 25.239, están parados. Afecta máis ás mulleres que aos homes. Isto tampouco é casualidade. Agora, os presupostos prevén un recorte do 6,6% nas partidas para pagar prestacións por desemprego e un 34,6% nas medidas de fomento de emprego en toda España.

PENSIÓNS: Os 6.000 pensionistas de Lugo, que xunto cos de Ourense son os que menos cobran de todo o Estado, verán reducido aínda máis o seu poder adquisitivo. O Goberno engana cando di que subirá as pensións. A suba do 1% cun IPC do 3,5% supón unha baixada real do 2,5%. Os pensionistas van sufrir un recorte medio de 245 euros polo impago dos atrasos por desvío do IPC. Isto súmase ao copago dos medicamentos.

RURAL E PESCA: Os presupostos destinados para a pesca e o rural, un dos piares fundamentais da nosa provincia, son desoladores. O Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente recorta un 25,4% con respecto ao ano anterior. Os fondos para programas de desenrolo rural caen máis dun terzo; para competitividade e calidade da produción e os mercados agrarios destinarán un 37,3 % menos; e a dotación para a previsión de riscos nas producciónss agrarias e pesqueiras será de 204,9 millóns de euros, un 18,9 % menos.

INFRAESTRUTURAS: Dígnanse a rematar a autovía do Cantábrico (70 millóns para os dous tramos pendentes), iso si, cun retraso de dous anos sobre o previsto, 2015. O resto, partidas pequenas que frean o desenrolo e paralización que repercutirá cun novo dano á dinamización e creación de emprego

AUTOVÍA LUGO-OURENSE: TOTALMENTE PARALIZADA. Outro ano máis sen obras novas. Apenas 1,4 millones para o eterno tramo do enlace Barrela. Na reunión cos empresarios de Chantada, transmitíronnos que era una vía esencial para poder desenrolar a súa actividade.

AUTOVÍA LUGO-SANTIAGO: RECORTES E PARALIZACIÓN DE TRAMOS. XA POÑEN A DATA DE 2017 CANDO ESTABA PREVISTA PARA 2015. Chama a atención o pouco interés nunha vía prioritaria para Galicia. Investimento en dous tramos, Guntín-Monte de Meda (11,57 millóns) e Vilamoure-Nadela (10,30). Paralizan o tramo entre Guntín e Palas, que leva varios anos en obras, con apenas un millón de euros.

AVE: SEN AVANCES. O AVE entre Ourense e Lugo segue a ser un proxecto fantasma. As obras na variante de Láncara seguirán paralizadas e o resto sen previsión de inicio. Falar do AVE entre Lugo e A Coruña é case que unha utopía (100.000 euros para estudos informativos). Din que o AVE polo Cantábrico estará para 2024. O AVE por Monforte non estará antes de 2035 e o do Cantábrico non estará antes de 2040. A ver se estamos nós para contalo.

CONEXIÓN SAN CIBRAO CON BARREIROS: PARALIZADA

PONTE SOBRE O CABE (MONFORTE): PARALIZADO. Aparece con 10.000 euros, dez veces menos que o ano pasado.

Todo isto, unido ás medidas antisociais da Xunta e do Goberno e aos brutais recortes en:

-educación (21,9%) onde as becas caen en máis de 45 millóns, un novo engano do Goberno que asegurou que subían

-dependencia: recorte de 283 millóns no nivel acordado coas CCAA

-sanidade (6,8%)

-Axuda ao alquiler dos mozos (34%)

Deixan unha provincia sen futuro

Exit mobile version