Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE pregunta si o concello de Burela adica a deporte os 128 mil euros que anunciou na prensa ou os 55 mil que figuran nos presupostos

Dende a Comisión Executiva do PSdG- PSOE de Burela non podemos deixar pasar a nota de prensa que o Sr Barcia manda en contestación á nosa nota referente ó deporte de Burela, é por isto que temos que aclarar:

1º.- O alcalde perdeu unha gran ocasión de pedir desculpas públicas ós pais que tiveron que levar ós seus fillos a ducharse á casa despois de practicar deporte, xa que, como o propio Sr. Barcia recoñece na súa nota de prensa, e tal e como criticábamos dende a Comisión Executiva do PSdG-PSOE de Burela, estiveron sen auga quente en ambos pavillóns deportivos, ¿será casualidade que se repuxo o gasoil unha semana antes das eleccións autonómicas?

2º.- O Sr. Barcia quere facer parvos ós veciños de Burela desacreditando ós membros desta Executiva contando mentiras, como fai habitualmente. A maior parte da Executiva do PSdG-PSOE, non só asisten ós partidos que xogan os equipos do noso pobo, senón que participan activamente nas directivas e no abono das súas cuotas de socio nos clubs, ¿Pode o Sr Barcia dicir o mesmo?. Os veciños por máis que o Sr. Barcia pense que non, oen e ven.

3º.- Di o Sr. Barcia na súa nota de prensa que os clubs de Burela (fútbol-sala, escolas deportivas Porto de Burela nin SD Burela, esqueceuse do Club de Baloncesto e do Club Náutico supoñemos que estes para o Sr. Barcia non contan), non teñen dereito a queixarse, pois iso pode pensalo o Sr Barcia pero podemos asegurarlle que as cousas non son como a vostede lle parece, e dende logo só faltaría que o Sr. Barcia lles quitara o dereito a queixarse.

4º.- Pero o máis curioso do tema é que o Sr. Barcia segue sen contestar á pregunta que lle formulábamos na nota de prensa con fecha 25 de outubro. ¿Cal é a cantidade que o Concello de Burela destina a deporte no 2012? Os 128.126 € que anunciou na prensa, os 55.750 € que figuran nos presupostos que él mesmo fixo ou os 64.219 € que lle dixo que ía gastar ó Ministerio de Facenda no seu plan de axuste, no que tamén figura a supresión das subvencións ós clubs deportivos e copiamos literal do propio documento: SERVICIO PÚBLICO 9: “DEPORTES “… Los costes totales se desglosan en gastos de personal, gastos de mantenimiento de instalaciones, suministro de energía y de otros materiales, convenio con club deportivos para subvencionar escuelas deportivas municipales. El gasto total durante el año 2011 fue de 131.679€. En el presupuesto del año 2012 se suprimió la plaza temporal de monitor deportivo, así como tampoco se consigno importe de subvenciones a los clubs deportivos. La estimación del gasto es de 64.219€….”

Dende a Comisión Executiva do PSdG-PSOE de Burela, reiteramos o noso desexo de que o Sr Barcia lle de estes datos publicamente ós veciños de Burela e se deixe de enganalos. Mentres o Sr Barcia e o seu equipo de goberno son capaces de gastar máis de 120.000 € (20.000.000 millóns das antigas pesetas, como lle gusta dicir ó Sr. Barcia) en soldos, máis o que lle colga en dietas e comilonas, o deporte base e os pais de Burela está pasando realmente penurias para poder ofrecerlle a alternativa do deporte á xuventude.

Recordarlle ó Sr. Barcia que aínda ten máis preguntas do Grupo Socialista ás que non deu contestación en Pleno, e de seguir nesta actitude de non contestar ás preguntas da oposición, verémonos obrigados a que as conteste nos medios de comunicación, xa que entendemos que os veciños de Burela teñen dereito a saber o despilfarro, as contratacións a dedo, o uso que se fai dos medios do Concello por parte do “equipo” de goberno e en que se empregan os cartos públicos dos veciños.

Exit mobile version