Site icon Crónica3.com A Mariña

O S.D. Sala Kursal non puido conseguir a súa primeira vitoria na 3ª xornada da liga, na súa visita a Rábade.

Derrota axustada a domicilio.

O S.D. SALA KURSAL non puido conseguir a súa primeira vitoria na 3ª xornada da liga, na súa visita a Rábade.

O conxunto ribadense saía este sábado por primeira vez na tempada fóra de casa.

O seu rival, o Afer Formación Rábade, defendeu o seu campo non sen unha forte oposición por parte do conxunto mariñán.

Comezou Carlos presentando batalla ao xogador máis forte do conxunto de Rábade, aínda que cedendo o primeiro set do partido por 3-1.

Raúl estivo a piques de levar o seu set xa que todos os xogos decidíronse pola mínima: 11-13, 11-9, 13-15, 10-12.

O que máis cerca tívoo foi Diego que empezou gañando os dous primeiros xogos. O 3º sería para o seu rival e no cuarto estivo moi preto de anotarse o set perdéndoo finalmente por un abultadísimo 15-17. Este xogo fixo madeixa no xogador ribadense que cedeu o último xogo e, con el, o set.

O resultado final foi de 5-2 a favor do equipo de Rábade, aínda que o SALA KURSAL non estivo lonxe de poder levar o partido e quizá lle faltou un pouco de sorte en puntos crave para poder conseguir outro resultado.

Parece que o equipo, minguado polas baixas, vai adquirindo forma aos poucos e segue traballando por conseguir unha vitoria na súa estrea na 1ª división.

O equipo de 2ª división, S.D. Ribadeo Restaurante San Miguel, impúxose con facilidade ao Narón Trasancos por 5-2.

Exit mobile version