Crónica Viveiro FSF 4 – FSF Guntín 1 correspondente a segunda xornada de liga provincial feminina:
Viveiro FSF.: Diandra, Rocio, Raquel, Xiana, Nerea. Tamén Xogaron.: Patricia, Andrea, Conchi, Goretti e Anita
FSF Guntín.: Sara, Anne, Denise, María, Laura. Tamén xogaron.: Nerea Lucia, Elena.
Goles.: 1-0 Nerea; 2-0 Xiana; 3-0 Patricia; 4-0 Xiana; 4-1 Anne
Arbitro.: Franco Veiga da delegación de Lugo
Boa entrada no Antonio Tarrio para presenciar o encontro correspondente a segunda xornada da liga provincial feminina de fútbol sala que enfrontaba ao Viveiro FSF e a FSF Guntín.
O Viveiro FSF presentabase diante da sua afección logo de vir de acadar un triunfo a domicilio na primeira xornada de liga diante do Donapel Monterroso e facíao coa baixa de María Balsa, ainda convaleciente da lesión sufrida no anterior partido e coas novidades de Conchi e Brenda, que esta tempada reforzaron o cadro da cidade do Landro e coa entrada na convocatoria de Anita, procedente das categorías de base do clube.
A primeira parte do encontro foi de claro dominio viveirense, que combinaba con facilidade diante dunha tímida presión da escuadra visitante, que apenas inquedaba a meta defendida por Diandra.
Froita deste dominio chegou o gol de Nerea antes de chegar o ecuador da primeira metade.
Tres goles mais, dous de Xiana e un de Patricia puxeron un claro 4-0 a favor das locais antes do descanso.
A segunda metade sigueu sendo de claro dominio local, pero un exceso de relaxación e unha serie de imprecisións nos pases nos últimos metros fixeron que as viveirense nos subiran mais goles ao marcador, o que propiciou que as de Guntín subiran liñas e puxeran en algún que outro apuro a meta local, acadando o gol da honra a falta de sete minutos para o final do partido.
Este resultado fai afrontar con confianza un complicado calendario, xa que o equipo desplazarase o próximo sábado a pista do Friol, campión de liga nos últimos anos, recibindo na cuarta xornada ao Lucense FSF e vistiando na quinta a pista do FSF Quiroga, actúal campión da copa.