Site icon Crónica3.com A Mariña

O ximnasio Breogán e o CD Burela FS Pescados Rubén renovaron o seu acordo de colaboración

O XIMNASIO BREOGÁN E O BURELA FS RENOVAN O SEU ACORDO DE COLABORACIÓN

O Ximnasio Breogán e o CD Burela FS Pescados Rubén renovaron o seu acordo de colaboración para a presente tempada. O directivo laranxa Antonio Ródenas visitou a semana pasada as devanditas instalacións para formalizar a continuación do convenio co seu xerente, Alberto Prado, e agradecer o apoio que o local lle vén prestando á entidade burelista dende hai máis dun quinquenio.

O Ximnasio Breogán (Álvaro Cunqueiro, número 1, Burela) contribúe á preparación dos equipos sénior do Burela FS cedendo o uso de toda a súa infraestrutura tanto en pretempada coma ao longo de toda a competición ligueira, cunhas instalacións de máis de 200 metros cadrados. O establecemento deportivo ofrece, entre os seus servizos máis novidosos e máis demandados, unha extensa variedade de actividades con aeróbic, step, batuka, bailes de salón, danza oriental, sauna, kick boxing, musculación e cardio.

Máis información en www.ximnasiobreogan.com.

Exit mobile version