XA ESTÁN NO CONCELLO AS ESCRITUAS DAS PARCELAS DA UNIDADE DE ACTUACIÓN DE TORRENTES. GONZÁLEZ BARCIA DIXO QUE SERÁN ENTREGADAS AOS SEUS PROPIETARIOS A FINAIS DESTE MES.
O rexedor explicou que “hoxe pola mañá recollemos no Rexistro da Propiedade de Viveiro as escrituras correspondentes ás parcelas resultantes da unidade de actuación de Torrentes. As escrituras están xa no Concello nas dependencias municipais, xa están completamente listas e serán entregadas aos seus lexítimos propietarios a finais de mes, probablemente o día 29, que é luns. Así cada un deles saberá perfectamente cal e a súa finca, onde está ubicada e cal é a superficie. As escrituras veñen xa completamente listas, é dicir que os propietarios non teñen que facer ningunha actuación engadida sobre ese documento, que xa ven pechado e ten plena validez”.
Para o equipo de goberno “esto é unha satisfacción porque ven culminar un proceso que empezou no ano 2005, que iniciamos nós na nosa anterior etapa de goberno, e que pechamos agora. Eu teño que dicir con toda a claridade que durante os 4 anos do goberno bipartito non se moveu ningún papel, nin un só, no Rexistro da Propiedade de Viveiro con respecto a este tema. Dígoo para que cada quen saque as súas propias conclusións”.
Vivendas sociais rúa O Río
O rexedor indicou tamén que “onte pola mañá representantes da Xunta de Galicia e da empresa adxudicataria asinaron a acta de replanteo e de inicio das obras de reposición dos tellados das vivendas sociais da rúa do Río. Esta obra, demandada polos veciños e que ten pasado por certas vicisitudes, ten un investimento de 120.000 euros aproximadamente e é abordada na súa totalidade pola Xunta de Galicia a través do Instituto Galego da Vivenda e o Solo”.
O alcalde sinalou que “esta obra xa hai anos que se debería estar feita, que había interese por parte da Xunta en facela, que ten un prazo de execución de un mes e medio. Agora imos tentar que se faga con certa celeridade pero, eso si, cumprindo os requisitos mínimos que son esixibles para que os edificios cumpran, despois de rematada a obra, cunhas condicións de habitabilidade acordes cos tempos que corren”.