Site icon Crónica3.com A Mariña

Quedada para ver o derbi galego o sábado 27, ás 20 horas


QUEDADA PARA O GRAN DERBI GALEGO DO VINDEIRO SÁBADO DÍA 27 ÁS 20:00HS

Convidámosvos a tod@s a asistir o vindeiro sábado a unha quedada para ver o partido entre o Celta e o noso DEPOR. O plan será o seguinte.

-A partires das 18:30 quedaremos na Cafetería Atrezzo de Burela para tomar algo tod@s xunt@s e ir quentando motores para o clásico galego.
-Dende as 20:00, hora na que está previsto que comece o partido, gozaremos duns pinchos na terraza da Vinoteca do Sargo mentres visionamos o partido nunha pantalla grande.
-No descanso sortearemos dous carnets para ir a Riazor entre tod@s @s soci@s asistentes, a algún dos vindeiros partidos.

Tod@s aqueles que esteñades interesad@s en acudir debedes poñervos en contacto con algún membro da directiva, a través do facebook da peña ou do correo electrónico antes do venres día 26.

O prezo será:
-Soci@s: 10€
-Non soci@s: 15€

Consideráranse soci@s tod@s aqueles que teñan pagada a cota de 25 euros correspondente á tempada 2012 – 13.

Un saúdo a tod@s e FORZA DEPOR!!!

Lembrade que O DERBI non se xogá senón que SE GAÑA!

Desexamos un derbi sen incidentes, que sexa a gran festa deportiva do país, e que podamos gozar del durante moitas tempadas máis na máxima categoría.

Tamén intentaremos retomar o NOSO DERBI, coa Peña Celtista de Burela, no partido da 2ª volta, alá polo fin de semana do 17 de marzo de 2013. Agardemos daquela saber con máis antelación a data do encontro para así poder planificar conxuntamente dito acontecemento.

Exit mobile version