Site icon Crónica3.com A Mariña

Recortes sanitarios e promesas incumpridas

RECORTES SANITARIOS E PROMESAS INCUMPRIDAS

Esta a rematar unha nova lexislatura do Parlamento de Galicia. Unha lexislatura que no tocante a sanidade pódese chamar a lexislatura dos recortes e promesas incumpridas.

Entre os recortes podemos destacar a nivel local a retirada da ambulancia na quenda de noite, o non substituír os médicos durante as quendas de vacacións ou baixas, etc.

A nivel autonómico podemos falar do recorte que supuxo o medicamentazo, que retirou a subvención a unha gran cantidade de medicamentos, así como a obrigatoriedade de pagar unha parte dos medicamentos os xubilados.

Tamén podemos falar dos recortes que está a sufrir o hospital de Burela en canto os servizos que presta, así como o desvío de pacientes o hospital de Lugo.

En canto as promesas incumpridas, a nivel local, continuamos sen as urxencias médicas durante as 24 horas. E seguimos sen as urxencias a pesares de que o Sr Balseiro na anterior lexislatura presentara varias mocións solicitando o servizo, e mesmo presumía de que só faltaba un voto para aprobalas.

Pois ben os galegos déronlles un deputado mais nesta lexislatura pero nin por esas, pois fixeron da boca cu esquecéndose das promesas.

Tamén podemos falar da promesa incumprida da ampliación do hospital de Burela. Só aumentaron unhas casetas de obra nas cales están a pasar consulta. Esa foi toda a ampliación.

Así que nos continuamos con nosa reclamación das urxencias médicas 24 horas para o Centro de Saúde de Foz.

Este sábado, día 6, as 12 da maña, no lugar de costume, volveremos a concentrarnos. Esperámoste. A túa presenza e importante.

Fdo.: Comisión Focega en Defensa da Sanidade Pública

Exit mobile version