Site icon Crónica3.com A Mariña

Representantes do PSOE estiveron na subasta de gando de Expolugo, na feira de Vilalba e no mercado da faba de Lourenzá

O PSdeG-PSOE de Lugo centra a súa campaña un día máis no apoio ao sector agrogandeiro

-Representantes do partido estiveron este domingo na subasta de gando de Expolugo, na feira de Vilalba e no mercado da faba de Lourenzá

O PSdeG-PSOE de Lugo segue apoiando os sectores produtivos da provincia nunha campaña próxima aos cidadáns. Esta mañá, a cabeza de lista por Lugo, Concepción Burgo, estivo xunto co secretario xeral do partido e presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, na LXXXII Subasta de Gando Vacún Selecto de Raza Rubia Galega na Feira Expolugo. Pola súa banda, a candidata Elba Veleiro acudiu xunto con outros representantes do partido á feira de Vilalba.

Máis tarde, José Ramón Gómez Besteiro, Concepción Burgo, os candidatos José Ramón Val e Ismael Rego, secretarios xerais da comarca e membros do grupo municipal visitaron o mercado da faba de Lourenzá, outra das citas ineludibles para o sector, e interesáronse pola situación da denominación de orixe.

Exit mobile version