Site icon Crónica3.com A Mariña

Restaurantes de Cervo ofrecerán ceas acompañadas de espectáculos de maxia

Tres restaurantes de Cervo ofrecerán ceas acompañadas de espectáculos de maxia

-O Almacén, Buenavista e O Noso Lar deseñaron menús especiais que serán degustados polos comensais mentres os magos ofrecen maxia de cerca

Cervo, 5 de outubro de 2012-Tres establecementos hostaleiros do municipio de Cervo participan no Mes da Maxia na Mariña, un proxecto de promoción turística posto en marcha a través do convenio asinado entre a Secretaría Xeral de Turismo e a Mancomunidade de Municipios da Mariña Lucense. En concreto os restaurantes O Almacén, de Cervo; e o Noso Lar e o Buenavista de San Ciprián son os locais do municipio cervense que se involucran nesta iniciativa.

Estes tres restaurantes ofrecerán “menús máxicos”, que inclúen ceas acompañadas de actuacións de maxia de cerca. Deste xeito, mentres os comensais degustan os distintos pratos establecidos no menú, gozarán dos trucos e o espectáculo dos magos. Os menús estarán compostos de dous entrantes, primeiro e segundo prato, sobremesa, bebida e café, e cada establecemento deseñará o seu, poñendo un nome máxico a cada prato e detallando despois o seu contido para saber en que consiste cada receita. O menú, con espectáculo incluído, ten un prezo de 25 euros por persoa e para acudir hai que chamar ao teléfono do propio local con 24 horas de antelación.

O Mesa da Maxia na Mariña arrincará o vindeiro venres día 12 nun dos establecementos de Cervo, O Almacén, onde actuará o Mago Rafa. O día seguinte, o sábado 13, será a quenda do Noso Lar, de San Cipirán, que contará cos trucos do Mago Charly. O restaurante Buenavista ofrecerá o seu menú máxico e o espectáculos do Mago Teto o venres día 26 de outubro. Para consultar os menús e o calendario completo poden visitar esta páxina: http://amariñaturismo.es/mes-da-maxia/#12-O

Esta iniciativa ten como obxectivo a dinamización e a promoción da Mariña e a desestacionalización do turismo. A edil de Turismo, Begoña Alonso, explica que dende o Concello “estuvimos aportando todos los datos y la información sobre los establecimientos del municipio solicitados por los organizadores” co obxectivo de “facilitar el desarrollo de este proyecto que valoramos como muy interesante, ya que permite atraer a visitantes y turistas más allá de los meses de verano y al mismo tiempo, consolidar la marca A Mariña como destino turístico”. Alonso destaca ademais que Cervo é un territorio moi propicio para levar a cabo proxectos coma este, co que “se conseguirá maridar la magia de los magos con la magia propia de los encantos turísticos y paisajísticos de Cervo y el hechizo de su gastronomía. Un trío de ases para la promoción turística”.

Exit mobile version