Site icon Crónica3.com A Mariña

Reunión Informativa Plataforma Afectados Participacións Preferentes A Mariña

Será na Casa Da Cultura do Valadouro o domingo 28 de Outubro, as 19:00h. Puntos a tratar: Estado das solicitudes de arbitraxe tanto para Preferentes como Subordinadas. (Casos resoltos e pendentes de resolver). Quita que entrará en vigor a partir do mes de novembro. Procedemento e accións como Plataforma. Rogos e preguntas. Sabemos que xa son bastantes os casos resoltos, pero tamén nos consta que son moitos os que quedan sen resolver, por iso vos invitamos a asistir a todos, tanto os que xa resolvestes o voso caso como os que estades pendentes, empezamos isto todos xuntos e gustaríanos contar co apoio de todos vos ata o final, ata que haxa unha solución para todos.

Exit mobile version