Site icon Crónica3.com A Mariña

Suxestións á alcaldesa de Lourenzá

Acaba de tomar posesión, e parece que as intencións son boas. Leo nos xornais que pensa reunirse cos veciños/as das parroquias para saber das necesidades de cada una, e tomar nota da opinión da veciñanza.
Dende a distancia quero facerlle algunhas suxestións.
Amañar dunha vez o gran badén na estrada de San Xorxe, lugar da Veiga, do que se ven falando nos últimos tempos, e que aínda non se sabe a quen pertence, que se a Deputación ou ao concello. Pero amañar haberá que amañalo, non ?
Facer algo, un bo amaño nas pistas de Adellao e Paraños, pois parece que os veciños deses lugares son cidadans de 3ª, xa que deron un repaso de asfalto e repararon as pistas en Requeixo, Alaxe, san Lourenzo, e as outras están en moi mal estado.
Vixiar ou sancionar se fora o caso, aos veciños que amontoan os restrollos que sacan das súas fincas para as marxes das pistas, para queimalos despois alí, no canto de facelo nas propias leiras deles

Lourenzo

Exit mobile version