Site icon Crónica3.com A Mariña

UNIFOZ manifesta que o alcalde goberna con prepotencia e persecución con algún hostaleiros de Foz

Unifoz, ten que manifestar unha vez máis a forma de gobernar do Sr Alcalde de Foz, pola súa prepotencia e persecución que aplica a algúns hostaleiros de Foz.

En días pasado puidemos comprobar como o que Unifoz denunciou fai un tempo é a dura realidade, pois ao mencionado hostaleiro chegoulle unha comunicación do Concello con dúas sancións ,unha de 150 € e outra de 175 €, por ter a beirarrúa sucia, segundo di a denuncia por incumprimento da ordenanza:

CAPÍTULO II

Da sucidade na vía pública a consecuencia de obras e actividades diversas

Artigo 10.-

1. Todas as actividades que poidan ocasionar sucidade na vía pública, calquera

que sexa o lugar en que se desenvolva, e sen prexuízo das licenzas ou autorizacións que en cada caso sexan procedentes, esixen dos seus titulares a obriga de adoptar as medidas necesarias para evitar que se ensucíe a vía pública, así como a de limpar coa frecuencia axeitada a parte afectada desta, e retirar os materiais residuais resultantes.

E tamén por incumprimento da ordenanza :

982.14 16 00

TÍTULO III

DA LIMPEZA DA CIDADE EN CANTO AO USO COMÚN ESPECIAL E PRIVATIVO E

AS MANIFESTACIÓNS PÚBLICAS NA RÚA

CAPÍTULO I

Condicións xerais e ámbito de aplicación

Artigo 33.-

A sucidade da vía pública producida como consecuencia do uso común e privativo, será responsabilidade dos seus titulares.

Ante esta inxusta e inxustificada situación Unifoz , ten que denunciar a persecución do Sr Alcalde contra este hostaleiro , pois ao marxe de que a beirarrúa poidera estar sucia en ese momento puntual non é menos certo que isto suceda en outros lugares, e non é de recibo que polo mesmo feito pretenda sancionar doblemente, todo isto unha clara discriminación e persecución de este local fronte ao 90% do resto dos locais similares.

Ao marxe de todo o exposto ,Unifoz, pregúntalle ao Sr Alcalde :

-É este o único local de Foz, que incumpre por estes apartados?

-É esta a única beirarrúa que está sucia en todo Foz?

-É este o único informe que fixo a Policía Local?

-Aplicase as mesmas formulas , ante os informes da Policía Local?

-Na época do verán e nas noites de Foz, todas as beirarrúas está limpas?

-Cumpre o propio Concello o seu cometido de limpeza de parques, xardíns, rúas……?

E todo isto pasa en Foz, mentres o propio PP de Foz, co sr Alcalde ao frete incumpre a ordenanza de publicidade exterior cun cartel fronte a Casa da Cultura dende as pasadas eleccións municipais (ano 2011), e sen que ninguén aplicara ningunha sanción nin se fixeran informes oportunos, aínda que a ordenanza é clara:

Considéranse infraccións graves:

a) A instalación de soportes publicitarios sen licenza municipal ou sen axustarse ás súas condicións.

Unha vez máis a prepotencia e chulería do Sr Castiñeira non lle deixa ver , e emprega esta formula para perseguir aos que non opina como el, ou non lle dan a razón.

Exit mobile version