Site icon Crónica3.com A Mariña

Unifoz quere unha nova xunta de portavoces á que asistan técnicos

Unifoz, quere facer pública a súa valoración da Xunta de portavoces do día de onte:

Unifoz, manifestou a súa disposición de votar a favor dunha modificación de credito de 258.000 ? en diferentes partidas, si o Alcalde retira os 30.000 ? para festas e os destina para potenciar máis axuda no fogar e en axudas sociais.

Na xuntanza de portavoces, se nos fixo entrega do INFORME TÉCNICO DE ESTUDIO DE ALTERNATIVAS DO ANTEPROXECTO DE NOVA EDAR, na que se incluiu a petición que fixera UNIFOZ de estudar a posibilidade de ampliar e mellorar a que xa temos malfuncionado.

A pesar de que o Sr Alcalde manifestou no seu día que iso non era posible, o estudio nos da a razón e di que si é posible e que sería a altternativa máis económica tanto no presente (construción) cun aforro de casí un millón de euros, como no futuro (mantemento), con casí 200.000 ?, o que en total é máis de 1.200.000 ?.

Unifoz, quere pedirlle a o Sr Alcalde convoque de novo a xunta de Portavoces para tomar decisión e que na xuntanza teñan presentes os mesmo técnicos que xa asistiron a anterior, non sexa se esqueza de facelo como xa fixera en reunións anteriores.

Exit mobile version