Site icon Crónica3.com A Mariña

Variedade de resultados dos equipos base do C.D. Foz

UNHA VICTORIA, UN EMPATE E UNHA DERROTA BALANCE DOS EQUIPOS-BASE DO C.D.FOZ

Equipo do C.D.Foz infantil que se enfrontou o sábado o Deportivo da Coruña

Asi foi a xornada dos equipos focegos.Os INFANTÍS da liga galega perderon ante o potente Deportivo da Coruña por 0-3.Os de Burunda plantaronlle cara a un equipo, que ten todos os indicios de acadar o campeonato, xa que conta con un plantel de excelentes xogadores que tratan o balón con clase e saben estar posicionados no terreo de xogo.Os focegos derrocharon esforzó, e incluso puideron marcar algún gol, como un disparo o longueiro de Toni.Nada que reprochar os chavales máis cativos do C.D.Foz.Os CADETES nun pésimo partido, derrotaron o domingo pola mañá no Municipal de Malates o S.D.Ribadeo por un apretado 3-2.O equipo de Oke veuse mui canso e falto de actitude durante todo o encontró, e solo a sorte foi determinante no triunfo focego.Un gol en propia porta, outro de Gonzalo e o derradeiro do infantil Antón, fixeron que os tres puntos se quedaron na casa.Moito teñen que cambiar as cousas neste equipo si se quere loitar o final polas duas prazas que dan dereito a xogar a fase de ascenso a galega.Pola sua parte os XUVENÍS empataron o sábado no Municipal ante o Ribadeo a un gol.O equipo contou con varios cinco xogadores cadetes na sua alineación inicial.O gol foi obra de Jacobo.Con este resultado seguen no medio da taboa clasificatoria.Esperamos que a vindeira xornada sexa millor e sempre Aupa Foz Aupa.

Exit mobile version