Site icon Crónica3.com A Mariña

Veciños da parroquia de Santo Tomé, Lourenzá, acordaron celebrar o San Antonio en setembro

Ante a iniciativa da Comisión de Festas de San Antonio 2013 da parroquia de Santo Tomé en Lourenzá de cambiar a data de celebración de dita festa e tras poñerse en contacto coa A.A.V.V. “Terras de Tovar” para solicitar colaboración para convocar socios e veciños en xeral para tratar este asunto, en días pasados celebrouse unha xuntanza onde houbo unha participación do 56% dos veciños e trala pertinente votación decidiuse que se trasladará a data de celebración do San Antonio para o terceiro fin de semana de setembro coincidindo coa data de celebración que tiña esta festa no pasado.

As propostas votadas foron as seguintes:

.- 13 de xuño (San Antonio) que acadou o 10% dos votos

.- terceiro fin de semana de setembro que acadou o 73% dos votos

.- manter a data actual, segundo fin de semana de xullo que acadou un 3%

Con este cambio de data, tanto a comisión de festas como a AAVV esperan poder ofrecer aos seus conveciños uns festexos con orquestras mellores mantendo o mesmo orzamento, dado que nesta época o prezo das mesmas é inferior.

Exit mobile version