PARDEIRO: ‘O MÓSTOLES ESTÁ NA SENDA DO BO XOGO’
“Non se pode cuestionar que o Móstoles volverá estar no cumio de Primeira; o seu quinteto de luxo, con Belén, Patri Chamorro, Eva Manguán, María Otero e Inma, así o ratifica” asegurou o técnico laranxa.
O conxunto laranxa chega a esta gran cita, repleta de posibilidades futbolísticas e de espectáculo, rifando o liderado co Atlético de Madrid Navalcarnero. As pupilas de Javier Pardeiro prolongaron na pista do Viaxes Amarelle a boa dinámica de resultados, cun contundente 1-5, nun encontro do que o técnico se sente “moi orgulloso, non só porque fomos intelixentes, adaptándonos a una pista difícil e medindo ben a intensidade, senón porque tivemos o privilexio de estar arroupadas dende a bancada”. “Non sei cantos afeccionados laranxas estiveron con nós, pero parecían máis de 100, animando incesantemente; estamos moi agradecidas” confesou o preparador.
Pardeiro tamén destacou a vitoria do Amarelle polo debut en liga de Patri, baixo os paus, “respondendo moi ben, xa que non é nada doado ao non estar acostumada á dinámica competitiva”, e das promesas Paula e Silvia.