120 persoas coñecerán esta semana a riqueza natural e etnográfica do Courel co programa Km0
Os participantes nas tres rutas programadas para entre hoxe e o sábado son alumnos do Campus Universitario de Lugo e do IES Vilar Ponte de Viveiro, e integrantes da Asociación Cultural e Xuvenil O Castelo de Alfoz
Os tres itinerarios previstos teñen lugar polo Concello courelés, aínda que con distintos percorridos. O primeiro grupo, 24 estudantes do Campus de Lugo, visitaron hoxe a Devesa da Roqueira, o castro da Torre e a aldea de Seceda. Mañá xoves, 48 alumnos do IES Vilar Ponte de Viveiro achegaranse ás instalacións da Fundación TIC, dependente da Deputación, para logo coñecer os castros de Vilar e da Torre e a aldea de Seceda. Para o sábado, dentro da modalidade do Km0 Fin de Semana, 48 integrantes da Asociación Cultural Xuvenil de Alfoz coñecerán os castros de Vilar e da Torre, a aldea de Seceda e a igrexa de San Pedro Fiz de Hospital. Os tres grupos repoñerán forzas comendo no camping do Courel.
Como anotarse
Os interesados en participar en Km0 poden inscribirse chamando ó 982-26-00-74/75; ou entrando en www.deputacionlugo.org A continuación, poderán efectuar o pago, que será de 8 euros para grupos de menos de 24 persoas e individuais, e de 5 euros para grupos de máis de 24 persoas, quedando excluídos todos os colexios e institutos públicos. A institución facilita dúas modalidades de pago: persoalmente no servizo de Tesourería (Pazo de San Marcos) ou nas sucursais de NovaGalicia (co número de conta 20800152663110001425). A reserva e pago das rutas tamén pode facerse a través da plataforma de comercio electrónico www.losproductosdelugo.com da Deputación. Optando por esta alternativa, os participantes teñen un desconto do 10% no custe das actividades.