Site icon Crónica3.com A Mariña

35 persoas competiron no Cruceiro no campionato da liga de bolos de Xove

Excelente participación con 35 inscritos: 20 na Liga Senior, 10 na Feminina Senior e 5 na Sub 18. Campo en boas condicións; así e todo, trátase do campo máis difícil de todo o campionato, pola dureza do mesmo que fai que moitos xogadores “cuquen”, ousexa, que non consigan chegar a bola á línea do 10, co cal a tirada sería de cero tantos. Esta dificultade agrávase inda máis no caso dos xogadores da Liga Sub 18 e da Feminina Senior.

Liga Senior Masculina.- Temos novo líder nesta categoría. Sócrates Campo, grazas aos 11 puntos obtidos nesta tirada, colócase primeiro con 42 puntos, un máis que Arturo Vigo. Sócrates está raiando a un grande nivel neste inicio de temporada, cunha victoria e dous segundos postos nas cinco tirada celebradas, e puntuando nas outras duas. A terceira posición con 39 puntos encarámase Carlos Javier Rodríguez grazas a súa victoria, seguido por José Rafael González con 33 puntos. X amáis alonxado temos a César Cancelo con 23. Tamén xa se poden apreciar unhas diferenzas amplas na clasificación, xa que entre o primeiro clasificado e o quinto hai 19 puntos de diferenza, dahí que este grupo de cabeza, no que están os principais favoritos, comeza a distanciarse do resto; pero bueno, inda queda moita temporada e poden pasar moitas cousas.

Liga Senior Feminina.- A líder continúa firme. A súa terceira victoria permítelle ampliar a vantaxe sobor das súas perseguidoras; con 24 puntos lidera, seguida da vixente campiona, Carmen Roca que con 16 puntos accede esta semana a esta posición. Terceira continúa Concepción Franca con 15 puntos, seguida por Dolores Baño con 13.

Liga Sub 16.- Tamén nesta categoría tivemos cambio de líder, posto que ocupa Daniel López con 25 puntos grazas á victoria e á mellor bolada. Segunda posición para Salomé Cardoso, despois de realizar unha mala tirada xa que só conseguiu ser quinta. Terceiro temos a Isaias Cardoso con 18 puntos, quen se está mostrando un pouco baixo de forma; por condicións, esperamos máis de Isaias, pero este ano INFA non foi capaz de coller o seu mellor punto.

A vindeira tirada vai ter lugar no Centro Social de A Vara ESTE VINDEIRO SÁBADO 10 DE NOVEMBRO, a partires das 15:00 horas (3 da tarde).

XXIVª TIRADA DE BOLOS – XIIIª SUB 16 – IVª LIGA FEMININA

(TEMPORADA 2012/2013)

Organiza: Concellería de Cultura do Concello de Xove

Colaboran: IES Illa de Sarón de Xove

INCIDENCIA DA 5ª TIRADA

(Centro Social de O Cruceiro – Sábado, 3 de novembro 2012)

CAMPEONATO DE BOLOS DE CENTRO SOCIAL DE O CRUCEIRO ( 3 NOVEMBRO 2012)

35 INSCRITOS: 20 NA LIGA SENIOR, 5 NA LIGA SUB 18 E 10 NA LIGA FEMININA

CLASIFICACION

NOME

TANTOS

PUNTOS

LIGA SENIOR

PRIMEIRO

CARLOS JAVIER RODRÍGUEZ CASABELLA

309

12

SEGUNDO

SÓCRATES CAMPO SUÀREZ

297

10

TERCEIRO

ARTURO VIGO CASABELLA

280

8

CUARTO

ARTURO RODRÍGUEZ ÁLVAREZ

243

7

QUINTO

JOSÉ RAFAEL GONZÁLEZ BERMÚDEZ

242

6

SEXTO

JOSE VIGO LAGE

238

5

SÉTIMO

RAMÓN FRANCO BERMÚDEZ

207

4

OITAVO

MOISÉS RODRÍGUEZ CASABELLA

207

3

NOVENO

CÉSAR CANCELOS LÓPEZ

202

2

DÉCIMO

MARCELINO RODRÍGUEZ ÁLVAREZ

192

1

MELLOR BOLADA

SÓCRATES CAMPO SUÁREZ

88

1

LIGA SUB 18

PRMEIRO

DANIEL LÓPEZ FERNÁNDEZ

121

6

SEGUNDO

LARA RODRÍGUEZ BAÑO

45

4

TERCEIRO

RAQUEL COCIÑA PIÑEIRO

33

3

CUARTO

ISAIAS CARDOSO RODRÍGUEZ

22

2

QUINTO

SALOMÉ CARDOSO RODRÍGUEZ

18

1

MELLOR BOLADA

DANIEL LÓPEZ FERNÁNDEZ

46

1

LIGA FEMININA

PRMEIRO

BELÉN MEITÍN ROUCO

49

6

SEGUNDO

PAULA CAMPO SUÁREZ

45

4

TERCEIRO

CARMEN ROCA CORRAL

30

3

CUARTO

ALBA ALCÁZAR VILLAVERDE

27

2

QUINTO

CARMEN MARTÍNEZ GARCÍA

27

1

MELLOR BOLADA

PAULA CAMPO SUÁREZ

42

1

Exit mobile version