Site icon Crónica3.com A Mariña

A alumnos de primaria do colexio Virxe do Carme de Burela visitaron fontes do concello

40 alumnos de 5º de primaria do CEIP Virxe do Carme, acompañados de profesorado e da monitora do Centro de Educación Medioambiental Gaia do Concello visitaron algunhas das fontes de Burela. Os alumnos coñeceron in situ a localización, usos e a historia dalgunha das fontes coma a de Santoalla, a fonde do Souto e a fonte da Vila do Medio,e dos seus lavadoiros. Segundo explican desde a Concellería de Medio Ambiente “a visita complementouse cunha ficha con contidos sobre medidas de uso responsable da auga nos fogares como son uso de reductores de caudal nas billas,revisión dos grifos ante posibles fugas, consellos sobre cando e como regar e hábitos cotiás sobre o consumo responsable de auga nos nosos fogares. A monitora recalcou a importancia da contaminación da auga explicandolles o ciclo da mesma (embalses, potabilizadora, depuradora e por último o seu vertido o mar)”.

O próximo luns os alumnos de 4º primaria visitarán os castiñeiros centenarios de Burela. Con estas actividades as monitoras pretender dar a coñecer o noso entorno natural máis próximo e sensibilizar ao alumnado da importancia de conservar o medio ambiente que nos rodea.
Saúdos,

Exit mobile version