Site icon Crónica3.com A Mariña

A Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública apoia a folga do 14N

A Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública, integrada en SOS Sanidade Pública apoia a convocatoria de Folga Xeral de mañá 14 de Novembro por que consideramos que:

1) Os recortes nos servizos sanitarios públicos básicos están deteriorando a calidade da atención e xerando desigualdade especialmente entre os máis desfavorecidos e necesitados de atención, que empezan a ser a maioría da poboación.

4) O noso gasto sanitario por habitante é o máis baixo da Unión Europea polo que o desmantelando dos servizos asistenciais repercutirá sobre a saúde da poboación, agravando unha situación nun momento en que a crise está incrementando a carga de enfermidade.

5) O Real Decreto Lei 16/2012 inicio unha Contrarreforma sanitaria, excluíu a persoas da cobertura pública, estableceu copagos xeneralizados e rompeu o modelo universal establecido na Lei Xeral de Sanidade e a Lei Xeral de Saúde Pública, retrotrayéndonos a un modelo de seguros.

6) Estanse incrementando as privatizacións dos servizos sanitarios, a pesar da evidencia contrastada de que isto incrementa os custos e empeora a calidade das prestacións.

Por todo o exposto é evidente que existen motivos dabondo para a Folga Xeral cuxa convocatoria apoiamos, e animamos aos profesionais da saúde e á cidadanía no seu conxunto a sumarse activamente á mesma. Estámonos xogando o modelo sanitario o futuro do noso país.

Exit mobile version