Site icon Crónica3.com A Mariña

A CIG tratará nunha asemblea o traslado de profesorado de primaria e secundaria

A CIG-ENSINO DA MARIÑA CONVOCA UNHA ASEMBLEA SOBRE O CONCURSO DE TRASLADOS DO PROFESORADO

A CIG defende valorar menos os cargos directivos e esixe competencia lingüística en galego

Ribadeo, 5 de novembro de 2012.- A CIG-Ensino convoca ao profesorado da Mariña a unha reunión informativa sobre o Concurso Xeral de Traslados do profesorado. Este ano o concurso é a nivel estatal e o prazo para concursar é do 6 ao 22 de novembro. A asemblea informativa terá lugar este xoves, día 8 de novembro no local da CIG de Burela (Arcadio Pardiñas, 137, 2º), ás 18:30 horas.

A CIG-Ensino defendeu na mesa sectorial na que se tratou o tema que os criterios fundamentais á hora de acumular puntuación sexan por riba de calquera outro o labor docente e a antigüidade porque ve totalmente sobrevalorada a puntuación por méritos sobre todo o referido aos cargos directivos. Pondo un exemplo, unha persoa con cinco anos de director dun centro obtería a mesma puntuación que outra con 10 anos de experiencia docente.

Tamén a CIG segue defendendo que se esixa a competencia no noso idioma para todas as materias e dado que se segue primando neste concurso os méritos subxectivos pois que se valore a impartición de aulas en galego, o que sería unha medida incentivadora do uso do noso idioma nun momento no que todos os estudos apuntan a unha diminución grave do seu uso na escola.

A CIG reclama tamén que as vacantes provisionais saian antes de que remate o prazo do concurso (o 22 de novembro) así como que se publiquen as vacantes definitivas antes de que remate o prazo de renuncia para que sexa máis obxectivo e máis xusto.

Exit mobile version