Site icon Crónica3.com A Mariña

A corporación de Barreiros celebra un pleno con tres puntos na orde do día

ESTA TARDE HABERÁ PLENO ORDINARIO A PARTIRES DAS SETE E MEDIA NO CONCELLO DE BARREIROS.

Barreiros, 26 de novembro de 2012. Esta tarde haberá pleno ordinario no Concello de Barreiros. Será a partires das 19:30 horas. Tres son os puntos que conforman a orde do día: aprobación das actas de sesións anteriores; proposta de aprobación de bases específicas para cubrir a praza de secretario/a interventor/a; e rogos e preguntas.

O rexedor, Alfonso Fuente, explicou que “desde o momento en que anterior secretaria cesou se está a cubrir a praza cunha acumulación, de aí que levemos este asunto a pleno”.

O alcalde amósase sorprendido “porque estes días unha asociación de veciños convoca á xente a asistir a esta sesión plenaria cando ese punto do que falan non vai na orde do día. Eses temas foron tratados e debatidos hai máis dun ano en Barreiros”. Fuente Parga lembra que “o pleno é aberto para todo o mundo que queira asistir e nós encantados de que veñen todos os que queiran estar”.

Exit mobile version