A DELEGACIÓN DE OBRAS PROCEDE A REPARAR O CAMIÑO DA FOLGUEIROSA. UN DERRUBE OCASIONOU O ESTREITAMENTO DA VÍA. FERNÁNDEZ VALLE INDICIA QUE “O INVESTIMENTO É DE DEZ MIL EUROS”.
Este vial, xa de por si non excesivamente ancho, sufriu un estreitamento a raíz dun derrumbe, co conseguinte trastorno para os usuarios.
O alcalde, José María González Barcia, e o concelleiro de obras, Manuel Fernández Valle, visitaron as obras que se fan no vial para volvelo ao seu estado orixinal. Segundo Fernández Valle, “a reparación consiste na construcción dun muro de escollera e de contención para consolidar o terreo, compactado do suelo e aglomerado; colocaremos tamén vallas de protección e disuasión, porque o estreito do vial debe facer que esmeremos as precaucións”.
Fernández Valle indicou que “o investimento achégase aos dez mil euros, e está financiado íntegramente con fondos municipais. Agardamos que nesta semana estean rematados os traballos”.
O primeiro tenente de alcalde e concelleiro de obras manifestou que “desde a Delegación de Obras a nosa prioridade é atender e solucionar aqueles problemas que afectan á vida diaria das persaos, tentando solventalos canto antes, pero sendo conscientes de que hai que establecer prioridades”. Desde o Concello piden disculpas ós usuarios deste vial polas molestias ocasionadas.