Site icon Crónica3.com A Mariña

A Deputación involucrarase no mantemento das oficinas de NovaGalciaBanco a instancias do PP

No pleno provincial celebrado esta mañá

Besteiro, a instancias do PP, accede a involucrarse no mantemento das oficinas de NovaGalicia Banco de Muras e Riotorto

. Os populares piden ao Equipo de Goberno menos demagoxía e máis decisións

. O PP logra que o Equipo de Goberno vote a favor da moción relativa a instar a novagalicia banco a que reconsidere o seu plan de reestructuración e peche de oficinas da provincia de Lugo, sendo especialmente sensible con aquelas poboacións que non teñen outra entidade bancaria

Lugo 27 de novembro de 2012.- Logo da sesión plenaria provincial desta mañá, o PP de Riotorto asegurou que foi o seu partido o que fixo que o Señor Gómez Besteiro se involucrase no mantemento das oficinas bancarias que NovaGalicia Banco ten en Riotorto e Muras.

Os populares conseguiron acadar a unanimidade das forzas políticas provinciais para instar a Novagalicia Banco a que reconsidere o seu plan de reestructuración e peche de oficinas na provincia de Lugo, “sendo especialmente sensible con aquelas poboacións que non teñen outra entidade bancaria, como acontece no caso dos concellos de Riotorto e Muras”

Os populares demandaron a implicación directa do Executivo provincial para que, ao igual que o está a facer o PP e a Xunta, inicie as negociacións oportunas cos directivos desta entidade bancaria ao obxecto de que o banco rectifique na intención do peche de oficinas, previsto para antes de que finalice o ano en curso.

O PP de Riotorto asegurou que a unión de veciños e de institucións pode ser a clave para acadar melloras na calidade de vida dos residentes da provincia e a Deputación como o conxunto de institucións teñen a responsabilidade e obriga de trasladarlle a todas as entidades -incluído este banco- as prioridades e as necesidades dos veciños.

Concluíron os populares de Riotorto manifestando a súa satisfacción polo voto a favor do Equipo de Goberno no relativo a esta moción popular.

Exit mobile version