Site icon Crónica3.com A Mariña

A fundación “Eu Son” organiza unha cea baile para todos os implicados e colaboradores

A FUNDACIÓN EU SON (Fundación para a protección de persoas con discapacidade intelectual de Burela – A Mariña) celebra este sábado 1 de decembro unha nova edición da súa cena baile anual. Este ano o evento ten lugar no Hotel Nordés de Burela, e conta cun menú composto por sopa e cocido galego. Este evento reúne cada ano a usuarios, familias, profesionais, colaboradores co obxectivo de recaudar fondos para os proxectos que desenrola a entidade.
A Fundación espera reunir a preto de 120 persoas e que a cena sexa un éxito como en anteriores edicións. O prezo da cena é de 32 € dos cales 22 € (menú) e 10 € (donativo).

A Fundación Eu Son quere aproveitar a ocasión para agredecer ós distintos establecementos que colaboran doando distintos regalos para o sorteo que se celebra ó remate da cena.

COMERCIOS E NEGOCIOS COLABORADORES: EFECTOS NAVALES LATITUD, PELUQUERIA INNOVA, PELUQUERIA REME, PELUQUERÍA RETRO, SUPERMERCADO GADIS,MUEBLES TOXEIRO, RELOXERIA PIKMAR, ESTACIÓN DE SERVICIO VISTA ALEGRE, TALLER ELECTRICO THEMAR, TALLERES POMEDA, EL Y ELLA, ISABELLA, DISTRIBUCIONES CARREIRAS, OFI COSTA,O DEDAL,CONSTRUDECO,ELECTRODOMESTICOS QUELVI, ALCOBA, PORTAMOBEL, GRÁFICAS AGUSTÍN PAZ.

Exit mobile version