Site icon Crónica3.com A Mariña

A Mariña saíu a rúa en Burela para protestar porque “os mesmos de sempre estannos roubando”

En Ribadeo celebrouse, pola tarde, unha manifestación que comezou no Cantón as cinco da tarde discorrendo polas rúas pedestres, as catro rúas cara o centro de saúde. Foto: Servicios Audiovisuales Elfarero

A manifestación de Burela partiu de Vista Alegre pasadas as 12 da mañá

“Estanos roubando, temos que paralos”, así rezaba o texto dunha das pancartas que portaban manifestantes que participaron na marcha que partiu da zona de Vista Alegre, en Burela, con motivo da folga xeral do 14N. Centos e centos de veciños de A Mariña concentráronse nese punto ata que se iniciou a marcha, a que se foron sumando ducias e ducias de persoas durante todo o percorrido.
Os manifestantes portaban pancartas de protesta, descontento e indignación, con lemas como “Non é unha crise é unha estafa”, “A mocidade galega coa folga xeral”, “As mulleres coa folga xeral. Xuntas podemos!!” e outros lemas e de distinta índole.
Cando a cabeza da protesta enfilaba a rúa Pardo Bázán, no centro da vila, aínda permanecía chea a rúa Eijo Garay, e a cola da manifestación atopábase en Arcadio Pardiñas, a avenida que atravesa a vila.
Todo o traxecto discorreu sen incidencia algunha, en medio de berros de consignas de protesta e estoupidos de petardos. Finalmente, a marcha rematou diante da oficina de emprego.

Exit mobile version