Site icon Crónica3.com A Mariña

ACISA sorteou na feira Intur 200 euros en vales de compra para gastar en Ribadeo

ACISA TILDA DE MOI POSITIVA A PARTICIPACIÓN DE RIBADEO EN INTUR. A ASOCIACIÓN SORTEOU 200 EUROS EN VALES DE COMPRA PARA GASTAR NA VILA E 3 HOTEIS REGALARON ESTANCIAS DUNA NOITE NOS SEUS ESTABLECEMENTOS.

Ribadeo, 26 de novembro de 2012. ACISA tilda de moi positiva a participación de Ribadeo en Intur, a feira internacional de turismo interior, que se celebrou en Valladolid do 22 ao 25 de novembro.

Rivas Tomé subliñou que o paso de Ribadeo por Intur “foi unha experiencia moi positiva porque por Intur pasaron miles de persoas procedentes de toda Castela-León e doutros puntos da xeografía española. Houbo momentos en que moita xente se achegou ao stand de Ribadeo e se interesaba por todo o que ofrecemos nesta zona: rutas, hoteis, gastronomía, praias”.

Para o presidente de ACISA “é importante acudir a este tipo de feiras nas que podes chegar a unhas corenta ou cincuenta mil persoas. Eso é un grande éxito”. Roberto Rivas non descarta que Ribadeo poida estar presente noutros eventos similares, aínda que recoñece que “a inversión que hai que destinar a estes fins é importante”.

ACISA sorteou en Intur 200 euros en vales de compra para gastar en Ribadeo. E tres hoteis regalaron unha estancia dunha noite, cada un, nos seus establecementos.

Segundo os datos da organización en Intur desenvolvéronse 17.400 xuntanzas de traballo no mercado da comercialización turística. Houbo 290 expositores e foron unhas 44.000 persoas as que visitaron a feira.

Festa das lámparas

A vindeira fin de semana Ribadeo acollerá a festa das lámparas ou lapas. Roberto Rivas dixo que “durante tres días a hostalería ribandese repartirá tapas elaboradas con lapas”. A cita gastronómica está organizada por ACISA en colaboración coa confraría de pescadores, “que nos proporciona o material para promocionar un pouco un produto que non está moi valorado neste momento nesta zona e sí noutras. Tentamos así dar a coñecer un pouco máis as lapas”. ACISA agradece a colaboración tamén da Consellería do Medio Rural e do Mar e do Grupo de Acción Costeira A Mariña-Ortegal.

Na festa das lámparas participan preto de 40 bares, mesóns e restaurantes: Parador de Turismo, O Cabazo, Oviedo Bar II (Rolle), O Bodegón, La Balastrera, A Dorada do Cantábrico, La Solana, A Ribeira, Pizzbur, O Forno, La Cervecería, Queimada, O Lar de Manolo, Delicias, La Bugalla, A Baixada, O Tumbín, O Alén, Nevada, Ribanova, Costa Verde, La Villa, Compostela, O Valeco, Voar, San Miguel, A Cofradía (en Rinlo), Bouza, La Sota, La Botellería, A Quinta, hotel Rolle, Sapore, El Rincón del Gordo e Mediante.

A festas das lámparas ou lapas desenvolveráse o vindeiro venres, 30 de novembro, e o sábado e o domingo, 1 e 2 de decembro.

Exit mobile version