ACLARACIÓNS DA DEPUTACIÓN SOBRE AS OBRAS DE MELLORA NA VÍA PROVINCIAL DE RIOTORTO Ó MARCO DE ÁLVARE:
1.- A Deputación non ten paralizadas as obras de mellora na vía provincial do Marco de Álvare a Riotorto (CP 5501). Estas actuacións están baixo o estudo dos técnicos provinciais e da empresa adxudicataria, persoal que está a avaliar se os taludes, é dicir, os terreos subterráneos que sustentan a estrada, son estables. Trátanse duns traballos ordinarios, que se realizan durante as excavacións co fin de garantir a seguridade dos seus futuros viandantes, así como de executar unha estrada de óptimas condicións.
2.- Esta mesma semana, unha vez determinado o nivel dos taludes, é dicir, constatado onde o terreo é estable, os técnicos determinarán a rasante, que é a altura da vía, delimitando o nivel das excavacións necesarias.
3.- Axustándose a legalidade e só no suposto de que fose necesario modificar a rasante do vial, a Deputación realizaría un modificado do proxecto inicial, asunto que se trataría na Xunta de Goberno Provincial, QUE EN NINGÚN CASO IMPEDIRÁ CONTINUAR COS TRABALLOS QUE SE ESTÁN A REALIZAR NA CP 5501 Ó NON CAMBIAR O PRESUPOSTO. É POR ELO QUE, LOGO OS ESTUDOS DOS TÉCNICOS, A SEMANA PRÓXIMA AS MÁQUINAS ESTARÁN NA ZONA.
4.-As formas deste Goberno Provincial difiren moito das do PP, partido que, dirixindo a Deputación, deixou adxudicadas estas obras malia non ter nin cartos nin terreos.
5.- A Deputación está a cumprir cos veciños, executando as mellora da estrada de Riotorto ó Marco de Álvare, actuacións que o Partido Popular de Lugo nunca quixo acometer, enganando ós lucenses, e que paralizou durante máis de dous anos, tempo que os seus compañeiros na Xunta de Galicia tardaron en resolver as expropiacións imprescindibles e legais para realizar as obras.
6.- A Deputación está a executar estas actuacións logo de investir 1,5 millóns de euros. Desta cantidade, a institución achegou 440.000 euros ás expropiacións dun total de 194 fincas e 1.060.000 euros ás actuacións de mellora dende o punto quilométrico 0,000 ó 5,800. Son, polo tanto, 6 quilómetros nos que se eliminarán curvas, se mellorará o trazado con aglomerado en quente, se ensanchará o vial ata os 8 metros e se situará sinalización horizontal e vertical.