
O sábado, día 17 de novembro, no Lugar de Sixto, en Cordido (Foz), varios alumnos da promoción 1990-91 do colexio “Castro de Ouro” de Alfoz celebraron unha cena de confraternidade. Trátase dunha reunión que se ven celebrando cada ano dende hai preto dunha década. Son alumnos que remataron a antiga EXB hai xa máis de 20 anos.